ACTIVIDADES ACUÁTICAS
Consiste nun conxunto de accións lúdicas e deportivas durante os meses de verán a disposición dos rapaces. Teñen lugar na piscina municipal, onde os rapaces disfrutan do entorno con xogos acuáticos e tamén con kayaks. Este ano serán tódolos LUNS de 12:00 a 13:00. (Reglamento e calendario na galería de imaxes deste apartado)
NATACIÓN
Clases de natación (iniciación e perfeccionamento) para nenos e adultos en tandas diferenciadas na piscina municipal. O horario para ADULTOS será os LUNS de 11:00 a 12:00 e MARTES e MÉRCORES de 11:30 a 12:30. O Horario INFANTIL será MARTES e MËRCORES de 12:30 a 13:30.
VISITA A PAZOLANDIA
Consiste nunha saída lúdica Ao parque de atraccións "Pazolandia" que se instala no pavillón de deportes do Paco Paz (Ourense) que organiza a Deputación de Ourense. O concello pon todos os anos a disposición dos nenos e dos pais o transporte e a entrada ao recinto de forma gratuíta.
PARQUES INFANTÍS
O concello conta con diferentes parques infantís nas parroquias. Teñen principalmente carácter lúdico e son de pequena extensión. Presenta, a maioría, diferentes recintos para a práctica de deportes de equipo e zona de xogo para os máis cativos.
MANUALIDADES
Realízanse talleres de manualidades durante os meses do verán nos que un monitor pretende dar cobertura dun xeito creativo e construtivo o tempo de lecer dos nenos.
XIMNASIA TERAPÉUTICA
Estas clases realízanse na casa comunitaria de Xacebáns, que pon a disposición dos veciños e dos propios usuarios do centro un salón para a súa realización.
Consiste na realización de rutinas de exercicio a cargo de persoal cualificado co obxectivo de reducir doenzas e mellorar a condición física dos asistentes.
XIMNASIA CON SOPORTE MUSICAL
Clases de carácter bisemanal que se ofrecen no local social de Leirado.
Son clases dirixidas a disposición dos usuarios que desexen participar, onde se persegue mellorar e activar a calidade de vida por medio do deporte aeróbico de impacto.
ROTEIROS DE SENDEIRISMO
O Concello de Quintela de Leirado con con diferentes camiños e sendeiros habilitados para a realización desta práctica deportiva, os cales permiten coñecer diferentes lugares da zona con gran valor paisaxistico e cultural.
OCIO DE AVENTURA
Parapente: Zonas acondicionadas para o uso de planeador lixeiro.
CAZA E PESCA
O Concello de Quintela de Leirado conta con dous cotos de caza, o Coto do Penagache, e o Coto da Moura, nos que se pode atopar abundante perdiz e coello. En canto á pesca, atopamos troita común no fermoso entorno do Río Deva.
GALERÍA DE FOTOS
© 2013 QUINTELA DE LEIRADO - Todos os dereitos reservados | Aviso legal - Política de privacidade | Privado // Deseño web Planos.org