Dentro deste servizo, desenrólanse diversas funcións e proxectos, que son os que se detallan a continuación:
Servizos Sociais de Atención Primaria ou de Base
Traballan na búsqueda de solucións globais e problemas locais, é decir, calquera tipo de necesidade, privación ou marxinación. Atenden á problemática xeral de toda a poboación do sector que lle corresponde, a nivel individual, grupal ou comunitario, podendo recurrir tamén a servizos especializados ante situacións que así o requiran. Funcións mediante as que se intenta conseguir:
- Organización e dirección dos servizos sociais de base para a actuación a nivel de diferentes áreas especializadas da intervención.
- Elaboración de programas preventivos e de sensibilización coas problemáticas máis destacables da zona.
- Información, orientación e asesoramento.
- Diagnóstico, tratamento e seguemento de casos puntuais.
- Promoción e cooperación social.
- Derivación e remisión de casos a centros provinciais especializados.
A Mancomunidade de Celanova ofrece este servizo ao concello, trasladándose a traballadora social os mércores e venres das 09.00 ás 14.00 horas.
As actividades realizadas son:
De atención directa:
- Información, consello e orientación.
- Traballo social con individuos.
- Traballo social de promoción e desenrolo comunitario.
- Traballo social con grupos.
- Valoración, diagnóstico e referencia.
- mobilización de recursos e facilitación de acceso.
- Seguemento de casos atendidos polos Servizos Sociais especializados e participación nas actividades de reinserción social.
De apoio á atención directa:
- Actividades de prevención en situacións de marxinación ou deterioro dos grupos de convivencia.
- Actividades de desenrolo da promoción da autonomía persoal e atención á dependencia.
- Axuda no fogar.
De atención indirecta:
- Actividades de sensibilización e educación.
- Detección de situacións de risco.
De participación na planificación e na programación dos servizos sociais:
- Coñecemento e información do entorno social, económico e cultural do ámbito de actuación.
- Coñecemento e rexistro dos aspectos cualitativos e cuantitativos das necesidades sociais e da súa evolución.
- Coñecemento dos recursos, servizos e equipamentos colectivos do ámbito, as súas condicións de acceso, tipos de prestacións, asistencia e utilización.
- Elaboración de propostas para a planificación e programación de provisión de servizos e prestacións de benestar.
- Participación na coordinación de utilización racional dos servizos e dos equipamentos colectivos do ámbito de actuación.
DESCARGAS