Quintela de Leirado
Quintela de Leirado

BENVIDA DO ALCALDE

Alcalde de Quintela de Leirado
Benvido/a á páxina web do Concello de Quintela de Leirado.

Como Alcalde deste Concello é unha satisfacción saudar a tódolos/tódalas veciños e internautas que, a través da rede, se interesan polo noso pobo.

Este portal deséñase como un instrumento para dar a coñecer os principais servizos municipais, respondendo así a unha das prioridades dunha administración pública: achegar aos cidadáns o noso traballo cotiá desde o concello, ao tempo que serve de espazo aberto ás achegas que se fagan por todos os veciños/as que así o consideren.

De xeito destacado, desde esta corporación municipal, tamén pretendemos amosar con esta plataforma o noso patrimonio histórico, monumental, artístico, paisaxístico, gastronómico e turístico que este pobo ofrece aos seus visitantes.

Todos aqueles que veñan a Quintela de Leirado poderán disfrutar do gran Patrimonio Histórico Cultural, xa que  abondan monumentos de varias épocas, estilos e culturas.

Os Espazos Naturais son outro dos grandes Recursos Turísticos do Municipio, ideais para descansar e descubrir todo o que a natureza nos ofrece: fantásticos paisaxes, rutas de sendeirismo e BTT, a flora e fauna local  e un longo etc.

Por último e de forma especial, quero dirixirme a todos aqueles veciños do noso Concello que por diversas circunstancias se atopan lonxe da nosa terra: os emigrantes. A todos eles decirlles que a través desta Web poderán facer un seguimento das novas que acontecen na súa terra nai.

A todos, exprésovos a máis calurosa benvida.

José Antonio Pérez Cortés
Alcalde de Quintela de Leirado
Luns, 20 de Noviembre

Cargando...

  • Mancomunidade Terra de Celanova
  • Deputación Ourense
  • Xunta de Galicia
Twitter

Concello de Quintela

  • GDR Límia Arnoia
  • O Bosque Máxico
  • Acceso Móbil
  • Axencia Galega de Desenvolvemento
  • Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente
  • Xunta de Galicia
  • Galicia
  • Feader: Europa inviste no rural

© 2013 QUINTELA DE LEIRADO - Todos os dereitos reservados  |  Aviso legal - Política de privacidade  | Privado //  Deseño web Planos.org