Quintela de Leirado
Quintela de Leirado

Casa do concello

A casa do concello foi inaugurada no mes de maio do ano 1991 sendo alcalde José Antonio Pérez Cortés e ca seguinte corporación:
Escudo
  • Gumersindo González Novoa
  • Ramón Vázquez Conde
  • José Fernández Yáñez
  • David Domínguez Díaz
  • Celso Domínguez Estévez
  • Jesús Manuel Senra Vázquez
  • Aurelio Vázquez Martínez
  • Enrique Domínguez Domínguez
A casa consistorial de Quintela de Leirado, é un edificio de recente construcción, de dúas plantas, cuberta inclinada de tella curva a catro augas, cun aleiro voado, e o seu acceso realízase a través dunha escalinata de dous tramos, que une a rasante da rúa co nivel da porta de entrada.

A planta baixa aparece retranqueada, case unha cruxia respecto a do piso, permitindo desta forma a formación dun soportal a modo de porche. No seu centro, e aínda máis refundida, aparece a porta de entrada e a ambos lados dúas grandes portas cristaleira que permiten iluminar as dependencias da planta baixa. No piso superior destaca sobremaneira o curioso balcón circular de barrotes de ferro, ao que se accede a través de dúas portas xemelas situadas nos seus extremos, e que se protexe mediante unha cuberta en buharda, cun luneto circular que rompe o hastial. Edificio revestido en pedra tosca. Debaixo do balcón aparecen as letras: CASA DO CONCELLO.
Concello de Quintela de Leirado
A casa do concello está situada no núcleo de Leirado, a unha altitude de 566 metros sobre o nivel do mar en Alicante. As coordenadas de situación son Latitude 42 º 07´ 47,6” N Lonxitude 8 º 05´ 22,7” O.
  • O horario do concello é de luns a venres en horario de 9.00 a 14.00 horas.
  • A casa consistorial conta nas súas instalacións ca biblioteca municipal.
A biblioteca ao igual que o concello comenzou a funcionar no ano 1991. Ten como misión responder ás necesidades de información e documentación bibliográfica en todos os ámbitos da educación facilitando información bibliográfica aos programas docentes.

A biblioteca proporciona aos seus usuarios os seguintes servizos:
  • - Lectura na sala. A biblioteca dispón dunha mesa con varios postos de lectura, que poden ser utilizados por todos os veciños.
  • - Préstamo a domicilio. Servizo limitado aos habitantes de Quintela de Leirado.
  • - Información bibliográfica.
  • - Fotodocumentación. A biblioteca dispón de fotocopiadora. A reprografía de documentos está suxeita á Lei de Propiedade Intelectual Española e as Normas Internas da biblioteca.
  • - Servizo de compulsa.
  • - Dous ordenadores de uso público con servizo de internet, impresora e scanner.
  • - WI-FI
O horario da biblioteca é o mesmo que o do concello, das 9.00 ás 14.00 horas.
Concello de Quintela de Leirado
Luns, 20 de Noviembre

Cargando...

  • Mancomunidade Terra de Celanova
  • Deputación Ourense
  • Xunta de Galicia
Twitter

Concello de Quintela

  • GDR Límia Arnoia
  • O Bosque Máxico
  • Acceso Móbil
  • Axencia Galega de Desenvolvemento
  • Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente
  • Xunta de Galicia
  • Galicia
  • Feader: Europa inviste no rural

© 2013 QUINTELA DE LEIRADO - Todos os dereitos reservados  |  Aviso legal - Política de privacidade  | Privado //  Deseño web Planos.org