A Mancomunidade Terra de Celanova, a través dun proxecto promovido e xestionado pola CO.GA.MI., ofrece dende o ano 1999, este servizo que busca integrar de maneira socio-laboral ós homes e mulleres con discapacidade, fomenta-la igualdade de oportunidades e incluílos na bolsa pública de emprego do Servizo Galego de Colocación. A CO.GA.MI. facilita un orientador profesional para que se entreviste e atenda os requerimentos e consultas das persoas con discapacidade pertencentes á comarca, e a mancomunidade ofrece un espazo físico para dita labor.
As actividades desenvolvidas dentro deste servizo son:
- Información e asesoramento.
- Entrevista ocupacional.
- Búsqueda activa de emprego.
- Accións dirixidas a empresas.
- Formación ocupacional.