A información é un elemento necesario para que as persoas poidan exercer os seus dereitos, polo que nace a necesidade de creación dun servizo para as mulleres de atención, información, apoio psicolóxico e asesoramento xurídico co fin de facilitar a igualdade entre homes e mulleres. Este é outro dos servizos mancomunados que ofrece as seguintes disposicións:
- Asesoramento xurídico gratuíto.
- Atención psicolóxica.
- Orientación profesional.
- Información de recursos dispoñibles no seu ámbito territorial (policía, xulgado, etc.).
- Canle de comunicación entre as usuarias e os distintos organismos competentes.
- Difusión dos servizos e actividades desenvolvidos polo Servizo Xeral de Promoción e Igualdade do Home e da Muller.
- Atención específica a mulleres víctimas da violencia de xénero, facilitando e pondo á súa disposición os recursos da Comunidade Autónoma (sanitarios, policiais, psicolóxicos, sociais...) a través da xestión urxente. Esta é a función máis importante quizais que desenvolve o departamento.
- Recepción de denuncias e queixas de discriminación por razón de sexo nos medios de comunicación e a publicidade, trasladándoas ó órgano competente.
- Fomento do asociacionismo (traballo con asociacións xa existentes e fomento da creación de outras novas).
- Fomento da participación das mulleres na vida civil.
- Formación e información sobre temas de igualdade de oportunidades entre homes e mulleres.
- Actividades: celebración de días mundiais (da muller traballadora, da muller rural, contra a violencia de xénero), realización de módulos de igualdade para colexios, cursos, xornadas...
- Calquera outra actividade que teña por como finalidade acadar a igualdade.