O día 14 de marzo recibimos en Quintela de Leirado a visita do Sr. Vicepresidente da Xunta de Galicia, D. Alfonso Rueda, para coñecer de primeira man a primeira fase de construcción do novo Centro de Interpretación da Natureza, financiado totalmente pola Xunta de Galicia cunha subvención de 75.000 euros.
Á súa chegada foi recibido pola corporación municipal co Sr. Alcalde á cabeza, empregados do Concello e todo aquel que quixo asistir ao acto. Coñeceu a Casa do Concello, asinou no libro de visitas, e visitou o Centro de Interpretación da Natureza, onde se lle expuso o proxecto por parte do arquitecto encargado de elaboralo.
Tanto pola súa parte, como por parte do Concello, valorouse moi positivamente esta visita, que mostra o grao de implicación da Xunta de Galicia co rural galego, promovendo e financiando proxectos de dinamización da vida no rural, como é este novo centro, do que poderán desfrutar todos os veciños e veciñas de Quintela de Leirado en breves datas.
GALERÍA DE FOTOS
© 2013 QUINTELA DE LEIRADO - Todos os dereitos reservados | Aviso legal - Política de privacidade | Privado // Deseño web Planos.org