Quintela de Leirado
Quintela de Leirado

VISITA DO SR. VICEPRESIDENTE DA XUNTA DE GALICIA A QUINTELA DE LEIRADO

23/03/2018
VISITA DO SR. VICEPRESIDENTE DA XUNTA DE GALICIA A QUINTELA DE LEIRADO

O día 14 de marzo recibimos en Quintela de Leirado a visita do Sr. Vicepresidente da Xunta de Galicia, D. Alfonso Rueda, para coñecer de primeira man a primeira fase de construcción do novo Centro de Interpretación da Natureza, financiado totalmente pola Xunta de Galicia cunha subvención de 75.000 euros.

Á súa chegada foi recibido pola corporación municipal co Sr. Alcalde á cabeza, empregados do Concello e todo aquel que quixo asistir ao acto. Coñeceu a Casa do Concello, asinou no libro de visitas, e visitou o Centro de Interpretación da Natureza, onde se lle expuso o proxecto por parte do arquitecto encargado de elaboralo.

Tanto pola súa parte, como por parte do Concello, valorouse moi positivamente esta visita, que mostra o grao de implicación da Xunta de Galicia co rural galego, promovendo e financiando proxectos de dinamización da vida no rural, como é este novo centro, do que poderán desfrutar todos os veciños e veciñas de Quintela de Leirado en breves datas.

GALERÍA DE FOTOS

Exposición do proxecto por parte do arquitecto
Sinatura no libro de visitas do Concello
Domingo, 27 de Abril

Cargando...

  • Museo da Emigraci�n a Guinea Ecuatorial
  • Mancomunidade Terra de Celanova
  • Deputaci�n Ourense
  • Xunta de Galicia
Twitter

Concello de Quintela

  • Acceso al SINAC (Sistema de Información Nacional de Aguas de Consumo)
  • GDR L�mia Arnoia
  • PLAN DE ACCI�N PARA O CLIMA E A ENERX�A SOSTIBLE
  • Acceso M�bil
  • Axencia Galega de Desenvolvemento
  • Ministerio de Agricultura, Alimentaci�n y Medio Ambiente
  • Xunta de Galicia
  • Galicia
  • Feader: Europa inviste no rural

� 2013 QUINTELA DE LEIRADO - Todos os dereitos reservados  |  Aviso legal - Pol�tica de privacidade  | Privado //  Dese�o web Planos.org