09/05/2025
O Concello de Quintela de Leirado instala dúas cámaras web turísticas para amosar en directo a súa riqueza natural
O Concello de Quintela de Leirado vén de instalar dúas novas cámaras web turísticas co obxectivo de achegar a beleza da súa contorna natural a calquera lugar do mundo. Estas cámaras xa están dispoñibles na páxina web www.hispacams.com, o portal con máis cámaras turísticas de todo o Estado, e tamén poden consultarse dende a páxina oficial do Concello: www.quinteladeleirado.es.
Unha das cámaras ofrece unha vista panorámica espectacular do val do Deva, permitindo gozar en directo das impresionantes postas de sol que caracterizan esta zona. Pódese ver nesta ligazón:
A outra cámara enfoca ao enigmático monte Penagache, unha formación natural de grande interese paisaxístico e cultural, que destaca pola súa beleza excepcional durante a primavera, cando se tingue dun singular ton violeta. Está dispoñible en:
Ambas cámaras emitirán imaxes en directo as 24 horas do día, os 7 días da semana, converténdose nunha ferramenta máis para a promoción turística do municipio e nunha xanela aberta á natureza galega.
Con esta iniciativa, Quintela de Leirado súmase á rede nacional de miradoiros dixitais, facilitando a descuberta das súas paisaxes únicas e fomentando o turismo sostible na comarca.