22/10/2026
O día 21 de outubro, nun acto organizado pola Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, e presidido pola Señora Conselleira, Dona Ángeles Vázquez Mejuto no Pazo de Santa Cruz de Rivadulla (Vedra), tivo lugar a entrega do distintivo Bandeira Verde de Galicia 2026.
Esta rede de concellos distinguidos coa Bandeira Verde pretende premiar a aqueles concellos da Comunidade Autónoma de Galicia que destaquen polas súas boas prácticas ambientais e de protección e conservación da paisaxe.
O distintivo “Bandeira Verde de Galicia” é unha iniciativa creada no ano 2020 que busca distinguir aos concellos máis dinámicos neste eido, desenvolvendo boas prácticas para o coidado da súa contorna, o respecto á paisaxe, a redución das súas emisións de CO2, a redución do consumo enerxético e moitas outras, cun distintivo que sexa recoñecido pola cidadanía e polos potenciais visitantes, fortalecendo a imaxe das vilas e pobos máis comprometidos nos ámbitos ambiental, paisaxístico e de respecto ao patrimonio natural.
O Sr. Alcalde, José Antonio Pérez Cortés, acudiu a este acto a recoller a bandeira de mans da Conselleira, xunto con outros 38 concellos galegos.