O Concello de Quintela de Leirado continua coa labor de mantemento dos camiños dos seus pobos. Si dentro duns meses cando as condicións meteorolóxicas o permitan empezaranse as obras dos camiños do Río de arriba, Corredoira, Mourisca e Retortoiro (actuación enmarcada dentro dos plans provinciais en colaboración coa Deputación Provincial) , agora acometeranse tamén o acondicionamento dos camiños de Cimadevila de Quintela, Cabanelas e Mociños (cruce a Camporreal), enmarcadas no PEIM en colaboración coa Xunta de Galicia. Estas obras dan mostra do compromiso do concello por atender as demandas dos veciñose a prioridade de manter as obras feitas antes ca facer obra nova debido ao contexto actual de crise no que nos topamos.
© 2013 QUINTELA DE LEIRADO - Todos os dereitos reservados | Aviso legal - Política de privacidade | Privado // Deseño web Planos.org