Quintela de Leirado
Quintela de Leirado

Éxito de participación na V ruta BTT Terra de Celanova

10/06/2013
Éxito de participación na V ruta BTT Terra de Celanova

O pasado domingo, dia 7 de xullo, levouse a cabo a  V edición da ruta BTT Terra de Celanova, organizada pola Mancomunidade para difundir e facilitar a práctica deportiva unida ao coñecemento do patrimonio natural da comarca e o disfrute da natureza como ocio deportivo en torno a bicicleta.

A proba, dunha distancia de 39 Km, contou cunha participación de 103 ciclistas, dos cales remataron a proba 86. Unha xornada lúdico deportiva que consolida esta proba como unha das máis fermosas e participativas da provincia de Ourense.

Paralelamente á proba BTT organizouse unha andaina na que participaron arredor de 40 veciños e acompañantes. Aproveitando a recente finalización da recuperación do sendeiro do Río Deva ó seu paso por Quintela, a organización levou aos participantes a disfrutar deste percorrido de 6 Km, disfrutando da paisaxe e visitando o muíño recentemente restaurado.

Despois da proba os participantes compartiron unha comida de confraternización, e pola tarde ciclistas e camiñantes refrescáronse e disfrutaron das piscinas municipais de Quintela de Leirado.

Máis información en bttmancomunidadeterradecelanova.blogspot.com.es  e no Facebook  https://es-es.facebook.com/bttmancomunidade.celanova

GALERÍA DE FOTOS

DESCARGAS

Venres, 29 de Marzo

Cargando...

  • Museo da Emigración a Guinea Ecuatorial
  • Mancomunidade Terra de Celanova
  • Deputación Ourense
  • Xunta de Galicia
Twitter

Concello de Quintela

  • GDR Límia Arnoia
  • O Bosque Máxico
  • PLAN DE ACCIÓN PARA O CLIMA E A ENERXÍA SOSTIBLE
  • Acceso Móbil
  • Axencia Galega de Desenvolvemento
  • Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente
  • Xunta de Galicia
  • Galicia
  • Feader: Europa inviste no rural

© 2013 QUINTELA DE LEIRADO - Todos os dereitos reservados  |  Aviso legal - Política de privacidade  | Privado //  Deseño web Planos.org