A primeira andaina organizada pola ruta recientemente recuperada nas marxes do río Deva, foi un éxito. O domingo 15 de setembro saían das portas do concello 110 personas, todas preparadas coa súa mochila, serígrafiada co escudo do concello, co avituallamiento (auga, fruta, zumo e unha barrita enerxética). A andaina discurríu polos pobos de Leirado, baixando a Cabanelas ata a ponte dos carros (ponte romana do seculo II) dende a cal se dirixiron xa polas marxes do río, no canal vello (1957), pasando pola central eléctrica feita no ano 1957 e dirixindose ata a metade do recorrido a recuperar forzas nun muíño restaurado recientemente. Despois do descanso, emprenderon novamente a ruta ata a capela do Carmen, Cimadevila de Quintela, costa e despois xa para Leirado, aínda que uns valientes se atreveron a subir pola Pedra, camiño moi empinado pero no cal poideron ver un Pazo cunha capela privada. Unha vez en Leirado, a xente manifestou a súa satisfación coa andaina e as ganas de que se volva a repetir.
GALERÍA DE FOTOS
© 2013 QUINTELA DE LEIRADO - Todos os dereitos reservados | Aviso legal - Política de privacidade | Privado // Deseño web Planos.org