No pleno celebrado o día 6 de agosto, decidiuse que os festivos locais do ano 2014 serán o 8 de setembro, festividade da nosa Señora do Remedios en Leirado e o día 24 de decembro, día de noiteboa. Estes festivos únense aos festivos nacionais, que serán o 1 de xaneiro, ano novo, o 6 de abril, venres santo, o 1 de maio día dos traballadores, 15 de Agosto día da Asunción, o 12 de outubro, día do Pilar e da Hispanidade, o 1 de novembro, día de tódolos santos, o 6 de decembro día da constitución, o 8 de decembro día da Inmaculada e o 25 de decembro día de Nadal. A comunidade Galega decidíu que os seus 3 dáis festivos serían o 6 de xaneiro, o 5 de abril, xoves santo e o 25 de xullo, día de Santiago e de Galicia. Con todo esto o calendario para os festivos do noso concello quedaría da seguinte maneira:
1 de xaneiro Ano novo
6 de xaneiro Reis
5 de abril Xoves santo
6 de abril Venres santo
1 de maio Día do traballador
25 de xullo Día de Galicia e de Santiago
15 de agosto Asunción
8 de setembro Os Remedios
12 de outubro O Pilar e día da Hispanidade
1 de novembro Tódolos santos
6 de decembro Día da Constitución
8 de decembro Inmaculada
24 de decembro Noiteboa
25 de decembro Nadal.
© 2013 QUINTELA DE LEIRADO - Todos os dereitos reservados | Aviso legal - Política de privacidade | Privado // Deseño web Planos.org