Quintela de Leirado
Quintela de Leirado

Día Internacional contra a violencia de xénero

25/11/2014
Día Internacional contra a violencia de xénero

Dende o CIM da Mancomunidade terra de Celanova queremos denunciar e levantar a nosa voz  contra a violencia de xénero.

A violencia contra as mulleres é unha das máis degradantes violacións dos Dereitos Humanos  e sigue progresando no ámbito global. Non respeta fronteiras, culturas, niveis económicos nin idade.

A violencia de xénero é a esixencia constante de que debemos aportar solucións  aos problemas que a xeneran e que se concretan na supervivencia do machismo.

Non é una cuestión de parella, traspasa o ámbito da familia, tratase de una lacra social que nos afecta a todos e a todas. Ante esta cruda realidade , queremos avivar a conciencia de cantas persoas  son testemuñas  e coñecen situacións de violencia de vítimas cercanas ,( familiares, veciños, amizades ), para que compartan a responsabilidade da denuncia. Non podemos deixar as mulleres soas, para que sexan  as únicas responsables da súa propia protección e a dos seus fillos e fillas.

Dende a Mancomunidade Terra de Celanova traballamos para PREVIR A VIOLENCIA e fomentar os valores de respeto, igualdade, liberdade, e confianza e aproveitamos para transmitir unha mensaxe:

“ Ámote, dixo o Principiño, . Eu tamén te quero, dixo a rosa. – Non é o mesmo, respondeu él

Querer é tomar posesión de algo, de alguén, e buscar nos demais eso que enche as expectativas persoais, .

Querer é facer noso o que non nos pertence, é adueñarnos, desexar algo para completarnos porque en algún momento nos atopamos carentes…

Amar é desexar o mellor para a outra persoa  aínda cando teña motivacións moi distintas,

Amar é permitir que sexa s feliz ainda cando o teu camiño sexa diferente ao meu. Por esto o amor nunca será causa de sufrimento “ 

 

( Extraído da obra O Principiño de Saint Exupery)

Martes, 15 de Xullo

Cargando...

  • Cámara Penagache
  • Cámara Val do Deva
  • Museo da Emigraci�n a Guinea Ecuatorial
  • Mancomunidade Terra de Celanova
  • Deputación Ourense
  • Xunta de Galicia
Twitter

Concello de Quintela

  • Acceso al SINAC (Sistema de Información Nacional de Aguas de Consumo)
  • GDR L�mia Arnoia
  • PLAN DE ACCI�N PARA O CLIMA E A ENERX�A SOSTIBLE
  • Acceso M�bil
  • Axencia Galega de Desenvolvemento
  • Ministerio de Agricultura, Alimentaci�n y Medio Ambiente
  • Xunta de Galicia
  • Galicia
  • Feader: Europa inviste no rural

� 2013 QUINTELA DE LEIRADO - Todos os dereitos reservados  |  Aviso legal - Pol�tica de privacidade  | Privado //  Dese�o web Planos.org