Coa chegada do Nadal, un ano máis, os rapaces e rapazas do Concello de Quintela de Leirado poderán disfrutar dun día especial en Pazolandia, a feira da diversión organizada pola Deputación Provincial no Pazo dos deportes Paco Paz de Ourense.
Este ano, a visita do noso Concello terá lugar o xovés 29 de decembro, e o programa será igual que en anos anteriores:
Saída do Concello en bus as 10:00 horas. Estancia en Pazolandia na sesión de mañá, dende as 11:00 ata as 14:00 horas. Comida no Centro Comercial Ponte Vella e tarde libre para facer compras, ir ao cine, patinar no xeo... O regreso será acordado co chófer do autobús entre todos os participantes.
Coma sempre, hai que inscribirse previamente no Concello, e a data tope é o 19 de decembro (luns).
© 2013 QUINTELA DE LEIRADO - Todos os dereitos reservados | Aviso legal - Política de privacidade | Privado // Deseño web Planos.org