O Punto de Información Catastral (PIC) é un servizo que realiza o Concello de Quintela de Leirado en virtude da sinatura dun convenio de colaboración coa Dirección Xeral do Catastro.
Este servizo é gratuíto para todos os veciños e veciñas.
Neste PIC vostede poderá obter os seguintes servizos:
- Servizo de consulta libre e certificación electrónica de datos catastrais non protexidos e de cartografía dixital.
- Servizo de consulta e certificación electrónica para os titulares catastrais de datos catastrais protexidos, relativo aos inmobles da súa titularidade.
Os servizos pódense solicitar acudindo ao seguinte enderezo:
CASA DO CONCELLO
LEIRADO S/N
32814 QUINTELA DE LEIRADO
Máis información na Oficina Virtual do Catastro:
www.sedecatastro.gob.es
Ademais do punto PIC o Concello ofrece a maiores un asesoramento complementario:
SERVIZO DE ASESORAMENTO GRATUÍTO DE TIPO CATASTRAL
Todos os días 20 de cada mes, o concello pon a disposición dos seus veciños un servizo técnico para consultas particulares relacionadas con cuestións de tipo catastral.
*cando o día 20 coincida en fin de semana, este servizo estará dispoñible o luns inmediatamente posterior.