Quintela de Leirado
Quintela de Leirado

Piscinas

Piscinas
O concello de Quintela de Leirado conta desde o ano 2009 cun recinto con piscinas descubertas, ubicadas no núcleo rural de O Tornadoiro, accedendo pola estrada comarcal dirección Xacebáns. Son unhas piscinas cunhas vistas envidiables a Penagache e ao Val da Cañiza, que aportan a sensación de tranquilidade e relax que se busca no rural.

HORARIO

Esta instalación permanece aberta desde a última semana de xuño ata a segunda de setembro. O horario de apertura é de 11:00 a 13:00 horas e de 16:00 a 21:00 horas.

No horario de mañá a piscina dedícase as leccións de natación, tanto en adultos como en nenos, e a actividades de ocio organizadas polo mesmo concello.
Piscinas
CARACTERÍSTICAS

O complexo comprende unha zona de vestuarios e aseos, unha zona de almacenaxe e un recinto para o posto de vixiancia e aplicación de primeiros auxilios, así como, amplias zonas verdes a disposición dos usuarios.

As piscinas están formadas por dous vasos un para os máis pequenos e outro para adultos.
  • A piscina para os pequenos consiste nun vaso de chapoteo de 11 x 5 m, cunha profundidade de 0,30 m e cun volume de 12 m3.
  • A piscina para adultos, consiste nun vaso polivalente de 25 x 12,50, cunha profundidade de 1,10 a 1,60 e cun volume de 380 m3.
Piscinas
AccesibilidadeAccesibilidade

A piscina de Quintela de Leirado é a única que conta cunha cadeira elevadora para a inmersión e saída da piscina de persoas discapacitadas.
  • Entrada ao recinto accesible: si.
  • Aseo adaptado: si.
  • Vestuario adaptado: si.
  • Grúa elevadora: si.
Outros servizos
  • Gardaroupas.
  • Aparcabicicletas.
  • Bar e terraza.
Mapa piscinas
Domingo, 20 de Abril

Cargando...

  • Museo da Emigraci�n a Guinea Ecuatorial
  • Mancomunidade Terra de Celanova
  • Deputaci�n Ourense
  • Xunta de Galicia
Twitter

Concello de Quintela

  • Acceso al SINAC (Sistema de Información Nacional de Aguas de Consumo)
  • GDR L�mia Arnoia
  • PLAN DE ACCI�N PARA O CLIMA E A ENERX�A SOSTIBLE
  • Acceso M�bil
  • Axencia Galega de Desenvolvemento
  • Ministerio de Agricultura, Alimentaci�n y Medio Ambiente
  • Xunta de Galicia
  • Galicia
  • Feader: Europa inviste no rural

� 2013 QUINTELA DE LEIRADO - Todos os dereitos reservados  |  Aviso legal - Pol�tica de privacidade  | Privado //  Dese�o web Planos.org