Quintela de Leirado
Quintela de Leirado

Aviso legal

1. TITULARIDADE DO SITIO WEB

En cumprimento do artigo 10 da Lei 34/2002, do 11 de Xullo, de Servizos da Sociedade da Información e Comercio Electrónico, facilítaselle a seguinte información xeral sobre este sitio web:

Dominio: http://www.quinteladeleirado.es
Titular: Concello de Quintela de Leirado
Domicilio Social: Tornadoiro, s/n, 32814 Quintela de Leirado (Ourense) Galicia.
Teléfono: 988 493 500
Correo Electrónico: contacto@quinteladeleirado.es
CIF: P3206700A

2. USO XERAL DO SITIO WEB

As presentes condicións xerais de uso dos servizos ofrecidos na url www.quinteladeleirado.es, son subscritas polo Concello de Quintela de Leirado, doutra parte, polo usuario. Os usuarios poden ter acceso e ver o contido deste sitio web gratuitamente, conforme a estes termos e a calquera termo específico descrito en cada contido.

2.1 CONTIDO E USO

Os usuarios que accedan á web do Concello de Quintela de Leirado, farano conforme á Lei, a moral, os bos costumes e a orde pública, e obríganse en todo momento a non acceder á web e aos contidos de forma contraria á establecida e/ou con fins ilícitos, lesivos de dereitos e liberdades de terceiros, ou que poidan danar, deteriorar, saturar ou retardar a web, en prexuízo do Concello de Quintela de Leirado ou de terceiros usuarios. Os usuarios non copiarán, distribuirán, difundirán, transformarán, modificarán ou manipularán os contidos.

Os idiomas empregados polo Concello de Quintela de Leirado serán o Galego e o Castelán, sen prexuízo de utilizar outras linguas, tanto nacionais como autonómicas, libremente e sen previo aviso. O Concello de Quintela de Leirado non se responsabiliza da non comprensión ou entendemento dos idiomas da web polo usuario, nin das súas consecuencias. O Concello de Quintela de Leirado poderá modificar os contidos sen previo aviso, así como suprimir e cambiar estes dentro da web, non responsabilizándose das consecuencias que poidan afectar os usuarios.

2.2 PROPIEDADE INTELECTUAL E INDUSTRIAL

O código fonte, os deseños gráficos, as imaxes, as fotografías, as sons, as animacións, o software, os textos, así como a información e os contidos que se recollen en www.quinteladeleirado.es están protexidos pola lexislación española sobre os dereitos de propiedade intelectual e industrial a favor do Concello de Quintela de Leirado e non se permite a reprodución e/ou publicación, total ou parcial, do sitio web, nin o seu tratamento informático, a súa distribución, a súa difusión, nin a súa modificación, transformación ou descompilación, nin demais dereitos recoñecidos legalmente ao seu titular, sen o permiso previo e por escrito deste, Concello de Quintela de Leirado.

O Concello de Quintela de Leirado velará polo cumpro das anteriores condicións como polo debido emprego dos contidos presentados nas súas páxinas web, exercitando todas as accións civís e penitenciarias que lle correspondan no caso de infracción ou incumprimento destes dereitos por parte do usuario.

2.3 FINALIDADE

A finalidade deste tratamento do Concello de Quintela de Leirado, é o mantemento e xestión da relación co/a usuario/a, así como o labor de información.

2.4 ENLACES

A presenza de enlaces (links) nas páxinas web do Concello de Quintela de Leirado ten finalidade soamente informativa e en ningún caso supón suxestión, convite ou recomendación sobre eles.
Domingo, 24 de Setembro

Cargando...

  • Museo da Emigración a Guinea Ecuatorial
  • Mancomunidade Terra de Celanova
  • Deputación Ourense
  • Xunta de Galicia
Twitter

Concello de Quintela

  • GDR Límia Arnoia
  • O Bosque Máxico
  • PLAN DE ACCIÓN PARA O CLIMA E A ENERXÍA SOSTIBLE
  • Acceso Móbil
  • Axencia Galega de Desenvolvemento
  • Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente
  • Xunta de Galicia
  • Galicia
  • Feader: Europa inviste no rural

© 2013 QUINTELA DE LEIRADO - Todos os dereitos reservados  |  Aviso legal - Política de privacidade  | Privado //  Deseño web Planos.org