Benvido/a á páxina web do Concello de Quintela de Leirado.
Como Alcalde deste Concello é unha satisfacción saudar a tódolos/tódalas veciños e internautas que, a través da rede, se interesan polo noso pobo.
Este portal deséñase como un instrumento para dar a coñecer os principais servizos municipais, respondendo así a unha das prioridades dunha administración pública: achegar aos cidadáns o noso traballo cotiá desde o concello, ao tempo que serve de espazo aberto ás achegas que se fagan por todos os veciños/as que así o consideren.
De xeito destacado, desde esta corporación municipal, tamén pretendemos amosar con esta plataforma o noso patrimonio histórico, monumental, artístico, paisaxístico, gastronómico e turístico que este pobo ofrece aos seus visitantes.
Todos aqueles que veñan a Quintela de Leirado poderán disfrutar do gran
Patrimonio Histórico Cultural, xa que abondan monumentos de varias épocas, estilos e culturas.
Os
Espazos Naturais son outro dos grandes Recursos Turísticos do Municipio, ideais para descansar e descubrir todo o que a natureza nos ofrece: fantásticos paisaxes, rutas de sendeirismo e BTT, a flora e fauna local e un longo etc.
Por último e de forma especial, quero dirixirme a todos aqueles veciños do noso Concello que por diversas circunstancias se atopan lonxe da nosa terra: os emigrantes. A todos eles decirlles que a través desta Web poderán facer un seguimento das novas que acontecen na súa terra nai.
A todos, exprésovos a máis calurosa benvida.
José Antonio Pérez Cortés
Alcalde de Quintela de Leirado