Quintela de Leirado
Quintela de Leirado

Casa comunitaria

Concello de Quintela de Leirado
A casa comunitaria encóntrase no núcleo de Xacebáns. Foi inaugurada no ano 2008, desde o que leva funcionando coa súa ocupación total, que son 12 usuarios.


ARTIGO 1 - TIPO DE CENTRO E TITULARIDADE.
  • DEFINICIÓN: A Vivenda Comunitaria de Xacebáns é un equipamento de mediano tamaño, destinado a albergar en réxime de convivencia case-familiar a un máximo de 12 persoas totalmente autónomas.
  • CAPACIDADE: Esta vivenda comunitaria ten unha capacidade máxima de 12 persoas.
  • Despacho para a recepción, información e administración.
  • ENDEREZO DO CENTRO: O centro atópase en Xacebáns s/n, no Concello de Quintela de Leirado.
  • DATOS DE IDENTIFICACIÓN DA ENTIDADE TITULAR:
Casa comunitaria
ARTIGO 2 - DESCRICIÓN DOS SERVIZOS QUE SE OFERTAN NO CENTRO.

A vivenda comunitaria ofrecerá unha atención integral e polivalente, abarcará diferentes necesidades do usuario, apoiará e estimulará os aspectos de comunicación humana, a autoestima e a mellora das condicións de vida.

As actividades que se desenvolvan na vivenda comunitaria poderán ser complementarias doutras intervencións realizadas polos distintos profesionais doutros programas ou proxectos da Área Municipal de Benestar Social.

A vivenda comunitaria de Xacebáns levará a cabo as seguintes prestacións de servizos:
  • Aloxamento
  • Manutención e coidado persoal.
  • Rehabilitación, recuperación e terapia ocupacional.
  • Atención social.
  • Servizos complementarios: aqueles que se deseñan para mellorar e complementar a atención ós maiores (servizos culturais e recreativos,...).
  • Poden planificarse servizos que se poden compatibilizar cos inicialmente ofertados, como por exemplo estancias temporais: períodos de corta estancia para paliar situacións de necesidade condicionante: viaxes de familiares, peche provisional do recurso de apoio habitual, altas hospitalarias, períodos de rehabilitación...
ARTIGO 3 - PREZOS.

Casa comunitaria
Os usuarios do centro contribuirán ó financiamento dos servizos, sen que en ningún caso a cantidade máxima que abone o beneficiario sexa superior ó custo real da praza, que será fixado polo Concello o cal, así mesmo, se encargará da súa recadación. Os usuarios colaborarán no cofinanciamento dos servizos, en función da súa situación de dependencia e en atención aos servizos e atención que se reciba; sen prexuízo da obriga por parte dos usuarios de tramitar tódalas axudas que lles poidan corresponder.

O período impositivo coincidirá co mes natural, salvo cando se trate de inicio ou cese da prestación do servizo. Neste caso o período impositivo comenzará ou finalizará, según corresponda, o día no que se produza o inicio ou cese.

As cuotas determinadas pola aplicación de tarifas serán irreductibles. No caso de estancias temporais con períodos liquidatorios inferiores a un mes, o importe reducirase proporcionalmente ó número de días de estancia.

Para as prazas dentro do complexo residencial, establécense as tarifas mensuais especificadas a continuación:

Para as prazas dentro do complexo residencial establécense as seguintes tarifas mensuais:
  • Persoas válidas en habitación individual: 710 euros / mes
  • Persoas válidas en habitación doble: 663 euros / mes
Servizos complementarios:
  • Servizo de lavandería:
  • Servizo de comedor:
As contías que se mencionan actualizaranse de forma anual en relación co IPC galego.

O pago do prazo esixirase en réximen de autoliquidación da seguinte forma:
  • A primeira mensualidade cando se formalice a inscrición.
  • As restantes mensualidades durante os cinco primeiros días de cada mes.
O pago efectuarase mediante domiciliación bancaria a cargo do titular da conta designada para o cobro da pensión.

O impago suporá a anulación da inscrición.

ARTIGO 4 - RESERVA DE PRAZA.

As prazas reservadas son aquelas que están asignadas a un/unha beneficiario pero que non está ocupada por causas xustificadas (internamento hospitalario,...) sendo o seu custo o 30 % do estipulado para a ocupación de praza.

As ausencias dos residentes, voluntarias ou obrigadas (internamentos en centros especializados), de duración igual ou inferior a catro días por mes, non minorarán o importe da cuota. A partir do quinto día, e sempre que sexa por causa xustificada e previa autorización da dirección, a contía reducirase ata un 30% aplicado a eses días e imputado ó que resultaría do custo diario establecido.

ARTIGO 5 - INGRESO.
  • O acceso dos usuarios á vivenda comunitaria tramitarase no propio centro ou nas unidades de traballo social de zona, onde se recibirá a demanda e se facilitará o impreso de solicitude para o efecto.
  • A solicitude dirixida ó Ilmo.Sr Alcalde, presentarase no Rexistro Municipal de Entrada acompañada dos seguintes documentos:
  • Unha vez presentada a solicitude, o/a Traballador/a Social emitirá un informe social no que se valorará a capacidade de autonomía, situación económica, social e familiar do solicitante e da unidade de convivencia, e outros datos de interese para a resolución da solicitude.
  • A selección dos usuarios realizarase de acordo cos requisitos básicos seguintes:
  • No momento do ingreso, entregarase ó usuario unha copia do exemplar do RRI visado por Vicepresidencia. Deixarase constancia da entrega e da súa data.
ARTIGO 6 - RESERVA DE PRAZA.

Establecese un período de proba de 1 mes de duración para a adaptación do usuario ó centro e para a avaliación polo equipo interdisciplinar do mesmo da idoneidade do recurso. Durante este mes poderase rescindir o contrato. As partes comprométense a restituírse o entregado a conta de non esgotarse o prazo de proba.

ARTIGO 7 - FORMALIZACIÓN DO CONTRATO.

O contrato de prestación de servizos deberá identificar:
  • Ás partes contratantes.
  • Servizos que se van a prestar.
  • Prezo dos servizos.
  • Forma de pago.
Incluirase unha cláusula co fin de que se autorice ou non por parte do interesado, o tratamento informático dos seus datos persoais, de conformidade co disposto na L.O. 15/99 de Protección de Datos de Carácter Persoal. Constará o lugar, a data e a sinatura de ámbalas dúas partes.

O contrato non poderá establecer cláusulas abusivas, contrarias ou substancialmente diferentes ó recollido no RRI, e deberá expedirse por duplicado e irá asinado por ámbalas dúas partes. Entregarase unha copia ó usuario.

Anexos ó contrato:
  • Un inventario de pertenzas do usuario no momento do seu ingreso no centro.
  • Unha declaración na que se especifique o destino/destinatario das súas pertenzas no caso de éxitus.
  • Xustificante do depósito de obxectos de valor na caixa forte do centro.
  • Copia da autorización á entidade bancaria para o cargo na conta correspondente das cantidades debidas polos servizos prestados.
ARTIGO 8 - O CENTRO DISPÓN DE:
  • Libro de reclamacións á disposición dos usuarios.
  • Póliza de responsabilidade civil.
  • Expediente individual de cada un dos usuarios. De causar baixa no centro devolverase toda a documentación achegada polo usuario, ou copia da mesma.
ARTIGO 9 - RÉXIME INTERIOR:
  • VISITAS: O horario de visitas será de 10.00 h. á 13.00 h. polas mañás, e de 16.00 h. á 20.00 h. polas tardes, todos os días da semana, e axustaránse ás seguintes normas:
  • RÉXIME DE SAÍDAS:
  • COMUNICACIÓN CO EXTERIOR DO CENTRO: Garántese o mantemento das comunicacións co exterior, ben telefonicamente ou por correspondencia.
  • REUNIÓNS/INFORMES DO CENTRO COS FAMILIARES: Sempre que así sexa necesario, o centro convocará ós familiares ou responsables directos do usuario para informarlles de calquer tema que se considere de importancia sobre ó mesmo.
Igualmente, os familiares ou responsables do usuario, poderán solicitar unha reunión co centro para obter a información que consideren necesaria sobre o usuario.
  • INCAPACIDADE SOBREVIDA: No caso de incapacidade sobrevida, os responsables do centro o porán en coñecemento da autoridade xudicial para os efectos do disposto no art. 763, “Internamiento no voluntario por razón de trastorno psíquico”, da Lei 1/2000 do 7 de xaneiro, de enxuizamento civil. Nos casos de desamparo os responsables do centro porán en coñecemento do Ministerio Fiscal os feitos determinantes da incapacitación do maior.
Se durante a permanencia do usuario no centro, fose incapacitado e se designará titor legal, deberase facilitar ó centro copia da sentenza xudicial. A partires deste intre corresponderá ó titor a toma de decisión, sen prexuízo da intervención xudicial nos casos nos que proceda, segundo a lexislación vixente.
  • PROTOCOLO DE AUTORIZACIÓN PARA O TRASLADO ÓS CENTROS HOSPITALARIOS EN CASO DE URXENCIAS:
En caso de que o médico ordene que un residente ten que ser trasladado ó hospital, o protocolo a seguir será o seguinte:
Casa comunitaria
  • Avisarase á familia ou ó titor de que o residente vai ser trasladado á urxencias para que sexa atendido.
  • O residente será acompañado en todo momento por persoal do centro e deberán levar consigo os expedientes médicos do paciente e tarxeta sanitaria. O acompañante permanecerá en urxencias ata que entregue os informes médicos que traia e deixe a dirección da residencia ou ben chegue a familia do residente e se faga responsable de realizar esta xestión.
  • Si os familiares non poden acudir a urxencias, unha vez que o persoal do centro regrese ó mesmo, chamará á familia para confirmar si o residente queda ingresado ou ben regresa á residencia.
ARTIGO 10 - DEREITOS E OBRIGAS DO USUARIO:

DEREITOS
  • A acceder á vivenda comunitaria e recibir asistencia sen discriminación por razón de sexo, raza, relixión, ideoloxía ou calquera outra condición ou circunstancia persoal ou social.
  • Á consideración no trato, debida á dignidade da persoa, tanto por parte do persoal do centro ou servizo como os dos demais usuarios.
  • Ó sixilo profesional acerca dos datos do seu historial sanitario e social.
  • A realizar saídas ao exterior.
  • A manter relacións interpersoais, incluído o dereito a recibir visitas.
  • A unha asistencia individualizada acorde coas súas necesidades específicas.
  • Á intimidade persoal en función das condicións estruturais dos centros e servizos.
  • A que se lle facilite o acceso á atención social, sanitaria, educacional, cultural e, en xeral, a tódalas necesidades persoais que sexan precisas para conseguir o seu desenvolvemento integral.
  • A deixar de utilizar os servizos ou a abandonar o centro por vontade propia.
  • A asociarse co obxecto de favorece-la súa participación na programación e no desenvolvemento de actividades.
O exercicio dos dereitos sinalados nos parágrafos d) e i) poderá ser obxecto de limitación en virtude de resolución xudicial.

OBRIGAS
  • Cumprir as normas sobre utilización do centro ou servicio establecidas no regulamento de réxime interior.
  • Observar unha conduta inspirada no mutuo respecto, tolerancia e colaboración,encamiñada a facilitar unha mellor convivencia.
  • Colaborar na realización de determinadas tarefas que, sen supoñer un risco para a súa saúde nin para a finalidade do tratamento, sirvan para mellorar a súa autonomía persoal e participación na vida do centro, de acordo co disposto no regulamento de réxime interior.
ARTIGO 11 - CAUSAS DE RESOLUCIÓN DA PRAZA NA CASA COMUNITARIA:

A condición de usuario da casa comunitaria perderase polas seguintes causas:
  • Renuncia voluntaria do usuario ou mediante petición do titor ou representante legal do mesmo.
  • Ausencia por un período superior a 30 días naturais sen causa debidamente xustificada.
  • Ocultación e falseamento de datos. No caso de datos económicos poderá supoñe-lo reintegro do 100% do custo da estancia no centro con carácter retroactivo.
  • Falecemento do usuario.
  • Incumprimento dos requisitos establecidos para o seu ingreso no centro, tales como: traslado definitivo da súa residencia a outro concello, desaparición das causa que motivaron o ingreso, entre outras.
  • Falta de colaboración do usuario no desenvolvemento das prestacións do centro, trato inaxeitado do usuario cara ó persoal e ós outros usuarios.
  • Incumprimento reiterado das normas de funcionamento do centro reflectidas no presente RRI. Destas inobservancias deixarase parte no expediente individual, e con carácter previo á resolución do contrato nestes supostos, deberá mediar o correspondente expediente contraditorio.
A baixa deberá ser preavisada con alomenos 5 días de antelación, tanto por parte do usuario como da administración do centro.

NORMAS DE FUNCIONAMENTO DA VIVENDA COMUNITARIA DE XACEBÁNS

NORMAS XERAIS:
  • En beneficio de todos, coiden as instalacións, que constitúe o seu propio fogar.
  • Garden as normas de convivencia humana e respecten as normas máis elementais, lembrándolles, para tales efectos, que a liberdade de cadaquén remata onde comenzan os dereitos dos demais.
  • Tanto por hixiene coma por respecto ós outros usuarios, é imprescindible garda-las máis elementais normas de aseo persoal. Para tal efecto, non cuspan no chan, nas papeleiras, cinceiros, etc. A saúde de todos merece un comportamento claro neste sentido.
  • Calquera obxecto que atope, entrégueo inmediatamente no centro ou avise para que o recollan. Polo tanto, se vostede perde algo, diríxase ó persoal do centro.
  • Está totalmente prohibido entregar propinas, regalos, etc., ó persoal do centro.
  • De calquera variación que afecte ás circunstancias que motivaron o seu acceso ó uso do centro, deberá darlle coñecemento ó/á coordinador/a del.
  • Hai actividades que vostede pode desenvolver e para o cal existen unhas instalacións específicas. A vida no centro depende da participación de tódolos usuarios en tales actividades. Esperámo-la súa colaboración.
  • A televisión só debe ser manexada polas persoas autorizadas para o efecto.
  • Respecte tódolos horarios fixados. Teña a seguridade de que calquera modificación será notificada coa debida antelación.
  • Durante as horas de limpeza das áreas comúns, abstéñase de utilizalas para facilitar esta.
  • As saídas que se fagan fóra do centro por circunstancias persoais (centro sanitario, organismos oficiais…) serán pola súa conta.
  • Nas zonas de uso común, utilizarase a indumentaria adecuada e manterase a correcta hixiene persoal.
  • O uso e disfrute das zonas e servizos comúns, instalacións e mobiliario dos centros será o que corresponda ás características dos mesmos, realizando cada actividade nos lugares habilitados para elas e según os horarios e normas establecidos.
  • A manipulación de aparatos será realizada únicamente polas persoas autorizadas pola dirección nas zonas de uso común.
  • Con carácter xeral, non se permitirán animais domésticos nos centros salvo nos supostos excepcionalmente autorizados expresamente.
  • Por razóns de saúde, hixiene, seguridade ou outra causa xustificada, a dirección do centro poderá acordar que se revisen as habitacións, armarios e, no seu caso, apartamentos dos residentes, sempre en presencia do interesado e dun membro dos órganos de participación constituídos.
  • Os residentes deberán solicitar autorización á dirección do centro para instalar mobiliario persoal ou para modificala distribución do existente.
  • Non poderán realizarse modificacións arquitectónicas nos apartamentos nin habitacións.
  • Para o uso de aparatos que produzan ruido e que non estén previamente instalados, deberá existir autorización expresa sempre concedida en función da incidencia ou perturbación no centro e respetando os períodos de descanso.
  • Como norma xeral, facilitarase roupa de cama e toallas para uso persoal dos residentes. Non obstante poderase autorizalo uso de lencería propia.
  • Non están permitidos nas habitacións os alimentos perecedeiros ou calquera outros que incidan negativamente na hixiene e limpeza elementais.
  • Utilizaranse os servizos de lavandaría para a limpeza das prendas persoais, non podendo emplearse calquera outro espazo nas habitacións para lavado e secado.
  • Co fin de evitar perdidas e de facilitalo reparto posterior ó lavado, a roupa será marcada según as intrucións que no propio centro se notificarán os usuarios.
  • Non está autorizada a tenencia e utilización de aparatos que poidan supoñer riscos de incendios, nin sustancias tóxicas ou inflamables.
  • Non se poderá instalar mecanismos de peche accesorios ós existentes en portas e fiestras, nin deben obstaculizarse as entradas ou saídas.
  • O menú confeccionado polo centro farase público semanalmente.
  • Serán de obrigado cumprimento os horarios de comedor.
  • No caso de que os residentes non desexen facer uso do servicio de comedor, deberán comunicalo coa antelación suficiente para que non se produzan trastornos no desenvolvemento do servicio.
  • Salvo casos excepcionais por prescrición facultativa, as comidas serviranse no comedor.
  • O acceso e permanencia no comedor está reservado exclusivamente ós residentes, salvo cando se autorice por razóns concretas definidas previamente.
  • Non está permitido introducir ou sacar do comedor alimentos ou utensilios.
  • As anomalías que se observen no funcionamento dos elementos e instalacións deberá notificarse a persoa que se asigne ó efecto.
  • Deberá ser notificada á dirección ou persoa na que delegue, calquera ausencia prolongada ou o pernocte fora da residencia .En todo caso, a ausencia por duración superior a catro días deberá ser autorizada pola dirección.
  • As ausencias voluntarias por períodos que excedan de 45 días, suporán a anulación da inscrición e da reserva de prazas.
  • Con independencia da natureza e duración das saídas, os residentes con control de enfermería, deberán ser informados previamente polos profesionais ó seu cargo sobre a conveniencia ou non da saída. Non obstante, a decisión última e a responsabilidade sobre a mesma corresponderá ó residente, si tivese plenitude de facultades ou, no seu caso, ó familiar ou responsable da saída.
  • Como norma xeral, é responsabilidade do centro a limpeza das habitacións no horario que a tal efecto se determine. Non obstante, os residentes que se atopen aptos para facelo e manifesten o desexo de realizalo, poderán colaborar nesas tarefas.
A organización e funcionamento do centro garantirán os dereitos fundamentais e axustaranse ós seguintes principios:
  • Integración do residente no centro e no seu entorno social desde o momento do seu ingreso.
  • Fomento da normalización entendida como desenvolvemento dun estilo de vida similar á do entorno de referencia.
  • Atención ás necesidades básicas dos residentes que garantan o máximo de autonomía persoal.
  • Respecto da individualidade, intimidade e trato diferenciado.
  • Participación e corresponsabilidade dos profesionais no seguimento da evolución dos usuarios.
SERVIZOS DE ADMINISTRACIÓN:

O máximo responsable do funcionamento do centro é a Dirección, coas seguintes atribucións:
  • Representación do centro.
  • Administración e xestión.
  • Dirixir, coordinar e inspeccionalo funcionamento das distintas áreas funcionais e servizos do centro.
  • Responsabilidade do desenvolvemento e execución dos diferentes programas e actuacións.
  • Velar polo respeto dos dereitos dos residentes.
  • Aqueloutras que lle foran encomendadas que resulten necesarias para o bo funcionamento do centro.
CONVIVENCIA:

Cando teña algún problema con algún/algunha usuario/a, non o/a recrimine; déalle coñecemento ó/á coordinador/a do centro.

Recorde que tódalas normas emanadas da dirección deberanse respectar e cumprir, polo tanto, se o persoal lle indica algo ó respecto, a forma e actuar, comportamento, etc., teña en conta que son normas establecidas para o bo funcionamento interno. Se non está vostede de acordo, diríxase ós/ás responsables do centro. O persoal do centro merece todo o seu respecto e consideración; cando se dirixa a el ou requira os seus servizos, rogámoslle que o faga con amabilidade. Para o bo funcionamento e satisfacción de todos, recordámoslle que está “na súa casa” e que é o seu deber, polo tanto, colaborar coa dirección e o persoal do centro.

HIXIENE:

Por hixiene, é recomendable o baño unha vez ao día. As persoas que o necesiten poderán solicitar axuda do persoal do centro, e adaptaranse, neste caso, ós horarios establecidos.

ACTIVIDADES RECREATIVAS:

Se desexa realizar algunha actividade non programada, ou colaborar nalgún servizo do centro, consulte co/coa coordinador/a do centro.

QUEIXAS RECLAMACIÓNS E SUXESTIÓNS:

Casa comunitaria
A boa marcha do centro esixe que calquera suxestión que poida ir en beneficio deste mesmo deba ser manifestada, ben directamente ó persoal do centro, ó/á coordinador/a, ou á propia dirección.

No funcionamento xeral do centro, pode que existan cousas ou situacións que non sexan do seu agrado. Cando queira suscitar unha queixa ou reclamación, diríxase ó/á coordinador/a do centro, expoñendo o que vostede estime oportuno.
Xoves, 25 de Abril

Cargando...

  • Museo da Emigración a Guinea Ecuatorial
  • Mancomunidade Terra de Celanova
  • Deputación Ourense
  • Xunta de Galicia
Twitter

Concello de Quintela

  • GDR Límia Arnoia
  • O Bosque Máxico
  • PLAN DE ACCIÓN PARA O CLIMA E A ENERXÍA SOSTIBLE
  • Acceso Móbil
  • Axencia Galega de Desenvolvemento
  • Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente
  • Xunta de Galicia
  • Galicia
  • Feader: Europa inviste no rural

© 2013 QUINTELA DE LEIRADO - Todos os dereitos reservados  |  Aviso legal - Política de privacidade  | Privado //  Deseño web Planos.org