A casa do concello foi inaugurada no mes de maio do ano 1991 sendo alcalde
José Antonio Pérez Cortés e ca seguinte corporación:
- Gumersindo González Novoa
- Ramón Vázquez Conde
- José Fernández Yáñez
- David Domínguez Díaz
- Celso Domínguez Estévez
- Jesús Manuel Senra Vázquez
- Aurelio Vázquez Martínez
- Enrique Domínguez Domínguez
A casa consistorial de Quintela de Leirado, é un edificio de recente construcción, de dúas plantas, cuberta inclinada de tella curva a catro augas, cun aleiro voado, e o seu acceso realízase a través dunha escalinata de dous tramos, que une a rasante da rúa co nivel da porta de entrada.
A planta baixa aparece retranqueada, case unha cruxia respecto a do piso, permitindo desta forma a formación dun soportal a modo de porche. No seu centro, e aínda máis refundida, aparece a porta de entrada e a ambos lados dúas grandes portas cristaleira que permiten iluminar as dependencias da planta baixa. No piso superior destaca sobremaneira o curioso balcón circular de barrotes de ferro, ao que se accede a través de dúas portas xemelas situadas nos seus extremos, e que se protexe mediante unha cuberta en buharda, cun luneto circular que rompe o hastial. Edificio revestido en pedra tosca. Debaixo do balcón aparecen as letras: CASA DO CONCELLO.
A casa do concello está situada no núcleo de Leirado, a unha altitude de 566 metros sobre o nivel do mar en Alicante. As coordenadas de situación son Latitude 42 º 07´ 47,6” N Lonxitude 8 º 05´ 22,7” O.
- O horario do concello é de luns a venres en horario de 9.00 a 14.00 horas.
- A casa consistorial conta nas súas instalacións ca biblioteca municipal.
A biblioteca ao igual que o concello comenzou a funcionar no ano 1991. Ten como misión responder ás necesidades de información e documentación bibliográfica en todos os ámbitos da educación facilitando información bibliográfica aos programas docentes.
A biblioteca proporciona aos seus usuarios os seguintes servizos:
- - Lectura na sala. A biblioteca dispón dunha mesa con varios postos de lectura, que poden ser utilizados por todos os veciños.
- - Préstamo a domicilio. Servizo limitado aos habitantes de Quintela de Leirado.
- - Información bibliográfica.
- - Fotodocumentación. A biblioteca dispón de fotocopiadora. A reprografía de documentos está suxeita á Lei de Propiedade Intelectual Española e as Normas Internas da biblioteca.
- - Servizo de compulsa.
- - Dous ordenadores de uso público con servizo de internet, impresora e scanner.
- - WI-FI
O horario da biblioteca é o mesmo que o do concello, das 9.00 ás 14.00 horas.