O centro de saúde foi inaugurado no ano 1987 polo conselleiro de sanidade Pablo Padín Sánchez, sendo alcalde
José Antonio Pérez Cortés. Está situado no núcleo de Leirado, ao lado do concello.
Este edificio conta con:
- Despacho para o médico.
- Despacho para a enfermeira.
- Despacho para a recepción, información e administración.
- Sala de curas, ECG, vacunas, extraccións, etc...
- Almacén.
- Sala de espera.
- Arquivo de historias clínicas.
Recursos humanos:
- Médico xeral. Funcións: Prevención, diagnóstico, tratamento e rehabilitación. Consulta no centro de saúde ou nos domicilios. Atención á demanda programada. Sesións clínicas. Participar nas comisión. Coordinar o centro de atención primaria.
- ATS/DUE. Funcións: Planificación de coidados. Entrenamento do paciente para autocoidado. Consulta monotemática programada. Atención a domicilio. Curas e inxectables. Extraccións. ECG, espirometrías, etc...Participar nas comisión. Educación sanitaria.
Horario asistencial das 08.00 ás 15.00 horas.