17/07/2023
Este verán de 2023, en colaboración coa Rede de Auditorios de Ourense, pertencente á Deputación, o concello programou unha serie de actuacións para todos os públicos que esperamos sexan do agrado de todos os veciños e veciñas do pobo, así como dos veraneantes. .
Todas as actividades desenvolveranse no Centro Multiusos de Leirado e serán:
- 15 de xullo: Teatro (Obra Running ás 20:00 h).
- 29 de xullo: Cine (Os demos de barro, ás 22:00 h).
- 12 de agosto: Música (Antonio Barros tributo a Juan Pardo, ás 20:00 h).
- 26 de agosto: Maxia (José Rivera, ás 21:00 h).