20/11/2025
Mediante unha subvención de 8.674,22 euros, concedida pola Deputación Provincial de Ourense, a través do Plan provincial de cooperación ás obras e servicios municipais para o exercicio 2025, realizouse o mantemento do alumeado público e a rede de abastecemento municipal en todo o Concello.
Este mantemento consiste na reparación de avarías no alumeado público e na rede de abastecemento, e supón unha labor continua e diaria para manter todas os servizos en perfecto estado de funcionamento para o benestar de veciños e veciñas.