LIMPEZA E ROZA DE TERREOS
Atendendo a normaliva legal, os propietarios/as de parcelas que se atopen dentro dos núcleos de poboación ou próximas a calquera vivenda, TEÑEN A OBRIGA DE MANTELAS LIMPAS de herbas, rastroxos, maleza, lixo, etc..., para evitar deste xeito o risco de lumes.
Nun perímetro de 50 metros arredor dos núcleos de poboación, ou de calquera edificación illada, deberase manter o terreo perfectamente limpo de vexetación e coa masa arbórea aclarada, tal como establece o artigo 21 da lei 3/2007 de prevención e defensa contra incendios forestais de Galicia.
AS PARCELAS DEBEN ESTAR LIMPAS ANTES DO 31 DE MAIO.
Na faixa dos 50 metros non se permite a existencia das seguintes especies:
Piñeiro galego, piñeiro do pais, piñeiro silvestre, piñeiro de Monterrei, piñeiro de Oregón, mimosa, mimosa negra, eucalipto, brecina, carqueixa, retama, breixo, toxos, silvas e fentos.
Os titulares de fincas que non se atopen limpas tal e como establece a lei, serán RESPONSABLES, TANTO CIVIL COMO PENALMENTE, POLOS POSIBLES DANOS QUE SE POIDAN OCASIONAR, tanto a persoas como a bens, derivados de lumes nos que a súa orixe sexa a falta de coidado das parcelas, sen perxuizo das sancións que se poidan impor de conformidade coa lexislación vixente.





� 2013 QUINTELA DE LEIRADO - Todos os dereitos reservados | Aviso legal - Pol�tica de privacidade | Privado // Dese�o web Planos.org