Quintela de Leirado
Quintela de Leirado

Festas

FESTAS DE SAN PEDRO
O sábado 29 de xuño, celebrouse a festa do San Pedro, en Leirado. Este ano tocoulle organizala aos veciños do Val e Ataínde, xa que cada ano tócalle organizala a un pobo,  polo cal a procesión do Santo foi a eses pobos dende a igrexa parroquial e parou nos típicos altares organizados polos veciños.


FESTA DE OS REMEDIOS

Celébrase na Igrexa de Santa María, o 8 de setembro.

FESTA DE SANTIAGO

Festa do Apóstol Santiago, en Xacebáns, o día 25 de xullo.

FESTA DE A VIRXE DO CARMEN

Quintela, o 16 de xullo e o primeiro domingo de setembro. Nesta festa realizase unha procesión nocturna con faroles portados polos feligreses. Esta celebración conta coa participación de toda a comarca, aumentando cada ano a afluencia de público.

FESTA DA CARNE CACHENA

O último sábado do mes de agosto. Festa gastronómica de exaltación da carne de vaca de raza cachena. Este evento gastronómico reúne máis de 1000 comensais nunha gran eira ó lado da igrexa de San Pedro de Leirado, para degustar un menú composto básicamente de carne de vaca cachena, raza típica da zona, cociñada de diferentes xeitos.

FESTA NOCTURNA NA PISCINA E MACARRONADA

Penúltimo sábado de agosto. Festa de xuventude que se celebra na piscina municipal con hinchables, música e cea de confraternización previa.

FESTA DE SANTA ISABEL

Esta festa corresponde a parroquia de Mociños e celébrase o primeiro domingo de xullo.

FESTA DO SANTO CRISTO

Celébrase na parroquia de San Salvador de Redemuíños. O Santo consérvase todo o ano nunha capela situada en Cimadevila, pero o terceiro domingo de Febreiro, baixase á igrexa parroquial, para o primeiro domingo de maio volver a subilo en procesión e facer alí a festa.
Xoves, 25 de Abril

Cargando...

  • Museo da Emigración a Guinea Ecuatorial
  • Mancomunidade Terra de Celanova
  • Deputación Ourense
  • Xunta de Galicia
Twitter

Concello de Quintela

  • GDR Límia Arnoia
  • O Bosque Máxico
  • PLAN DE ACCIÓN PARA O CLIMA E A ENERXÍA SOSTIBLE
  • Acceso Móbil
  • Axencia Galega de Desenvolvemento
  • Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente
  • Xunta de Galicia
  • Galicia
  • Feader: Europa inviste no rural

© 2013 QUINTELA DE LEIRADO - Todos os dereitos reservados  |  Aviso legal - Política de privacidade  | Privado //  Deseño web Planos.org