Quintela de Leirado
Quintela de Leirado

Igrexas

IGREXA DE SAN PEDRO DE LEIRADO

A igrexa que pertenceu ao Mosteiro de Ramirás é unha magnífica mostra de arte barroco dos séculos XVII e XVIII. Foi construída entre os anos 1.664 e 1.701. Ten planta de cruz latina, con tres naves separadas por columnas e cuberta de madeira. O ábside ten bóveda de crucería e a sacristía bóveda de canon, na que hai que destacar un lavamáns con forma de cabeza.
Igrexa de San Pedro de Leirado
Igrexa de San Pedro de Leirado
No seu interior o máis destacable son os seus retablos: posúe un retablo maior e dous retablos laterais menores, de estilo barroco realizados no século XVII. O retablo principal, obra de Alonso López e Bernardo de Cores, consta dun zócalo, tres corpos e remate, onde se representan escenas da vida da Virxe, o Novo Testamento e representacións de Santos.

Na parte central dúas imaxes de San Pedro, unha sentado na súa cátedra e a outra representando o seu martirio. A base do retablo está decorada con baixorelieves que representan os evanxelistas.
Igrexa de San Pedro de Leirado
Tamén chama poderosamente a atención o sagrario, de máis de dous metros de altura, minuciosamente esculpido con escenas da Biblia, destacando na súa porta unha miniatura ca Última Cea, a Adoración dos pastores, O Nacemento do Salvador ou a escena de David e Goliat. Quizás sexa a obra de maior beleza desta parte da provincia ourensana pola súa variedade compositiva e decorativa.

Xa no exterior poderemos apreciar a torre do campanario dividida en dous corpos rodeados de balaustradas de pedra decorada. O resto da fachada é moi sencilla, tendo como única decoración unha ornacina con unha imaxe de San Pedro. Ademáis, nos arrededores da igrexa, podemos contemplar os restos dun antigo Via Crucis.
Igrexa de San Pedro de Leirado
IGREXA DE SAN PABLO

Igrexa situada no núcleo de Quintela. É de finais do século XVIII e principios do XIX. Destaca o seu retablo pétreo con imaxes de San Jacinto e San Antonio. Nas súas proximidades encóntrase a capela do Carmen. Temos que destacar que é a única parroquia adicada a San Pablo na diocese de Ourense. Celebrouse no ano 2010 o bimilenario do nacemento de San Pablo, chamado apóstolo dos xentiles.
Igrexa de San Pablo
IGREXA DE SAN SALVADOR

Igrexa de San Salvador
Igrexa situada no núcleo de Redemuíños e data do século XVIII. No seu interior contén un dos mellores retablos barrocos da comarca, do mesmo século. A súa estrutura consta dunha soa nave que remata nun sinxelo campanario de corte clásico, que serve de marco á fachada principal, na mesma liña. Nos seus arredores, atópase a Casa Reitoral, cun fermoso reloxo de sol tallado en pedra.
Igrexa de San Salvador
PETO DE ÁNIMAS DE REDEMUÍÑOS

Peto de ánimas formado por un corpo desenrolado en todo o seu frontal, delimitado nos extremos por pilastres de leve resalte provistas de basas con plinto e toro; o entablamento iníciase con arquitrabe moldurado, friso convexo e remata con cornisa de perfil escalonado, sobre o que se asenta un aditamento colocado posteriormente.

A hornacina arquitrabada con repisa en saledizo, contén no seu interior un medio releve en pedra onde se representa a San Francisco acollendo unha ánima, axudada na súa ascensión por outras dúas proxectadas en estricta simetría.
IGREXA DE SANTA ISABEL

Igrexa situada na parroquia de Mociños.
Igrexa de Santa Isabel
Igrexa de Santa Isabel
PETO DAS ÁNIMAS DE MOCIÑOS

Igrexa das Ánimas de Mociños
Peto de ánimas de sinxela estrutura, con ornamentacións de medio punto e repisa exenta de molduras, abarcando o frente do monumento; a disposición austera da repisa repítese na forma dada a cornisa, sen experimentar ademáis maior vuelo. Corona o conxunto unha pequena cruz.
IGREXA DE SANTA MARÍA

Igrexa de Santa María
Tamén se encontra no núcleo de Leirado. É un modelo de igrexa rural que conta cunha soa e robusta torre con campanario e unha fachada dividida en dous corpos. O primeiro conta con dous pares de pilastras que flanquean a entrada principal e un frontón barroco rematado en volutas, e o segundo, con forma de frontón, conta no centro cun rosetón que deixa pasar a luz ó interior.

Igrexa de Santa María
Xa no interior destaca o valiosísimo retablo presidido pola imaxe de Nosa Señora dos Remedios e completado con escenas marianas.
IGREXA DE SANTIAGO

Igrexa situada no núcleo de Xacebáns. Este templo é do século XVIII. Ao seu carón un bonito calvario.
Igrexa de Santiago
Martes, 12 de Noviembre

Cargando...

  • Museo da Emigración a Guinea Ecuatorial
  • Mancomunidade Terra de Celanova
  • Deputación Ourense
  • Xunta de Galicia
Twitter

Concello de Quintela

  • GDR Límia Arnoia
  • PLAN DE ACCIÓN PARA O CLIMA E A ENERXÍA SOSTIBLE
  • Acceso Móbil
  • Axencia Galega de Desenvolvemento
  • Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente
  • Xunta de Galicia
  • Galicia
  • Feader: Europa inviste no rural

© 2013 QUINTELA DE LEIRADO - Todos os dereitos reservados  |  Aviso legal - Política de privacidade  | Privado //  Deseño web Planos.org