Quintela de Leirado é un concello pertencente á Comarca da Terra de Celanova e que fai fronteira con Portugal. Está situado ós pés da Serra do Leboreiro, resultando especialmente atractivo para o turismo activo (aventura, deportivo, de montaña, caza, pesca...)
O seu xentilicio é Quintelán. O relieve organízase entorno ao val do río Deva, cuio fondo de val constitúe a arteria económica e vital do municipio. Ao seu arredor dispóñense dúas unidades topográficas que lle confiren un aspecto accidentado e unha elevada altitude media; ó sur ten alturas superiores ós mil metros nas estribacións da serra de Leboreiro en cumios coma o Penagache (1.224metros) ou o Aguillón do Castelo, de aspecto agreste e fortes pendentes. Ó noroeste localízanse coutos e cerros de cumios cháns de entre 700 e 900 metros de altitude, como o couto de Silva Escura ou o couto da Moura.
O río Deva, afluente do Miño, nace ó pé da serra de Penagache, en Arrotea, a 1.000 metros de altura. Posúe un trazo sinuoso con fortes pendentes. O Deva dirixe toda a rede fluvial e fertiliza a súas terra, para posteriormente desembocar no río Miño.
Na idade Media a parroquia de Leirado estivo supeditada á xurisdición eclesiástica do mosteiro de Ramirás, mentres que as de Santa María de Leirado e Redemuíños pertencían ó señorío do marqués de Malpica. A configuración parroquial modificouse en 1836 ó crearse a parroquia de Quintela de Leirado, completándose en 1893 coa de Xacebáns.
Coordenadas GPS: 42º7´48.47"N 8º5´26.24"W