Quintela de Leirado
Quintela de Leirado

Quintela de Leirado

Concello de Quintela de Leirado
Superficie: 31,3 Km cadrados
Poboación (INE 2012): 716 hab.

Quintela de Leirado é un dos concellos da comarca de Terra de Celanova, situado no Sur da Comunidade Autónoma de Galicia e no Oeste da provincia de Ourense. Limita ao Norte cos concellos de Gomesende e Ramirás, ao Sur con Portugal, ao Leste cos de Celanova e Verea, e ao Oeste co de Padrenda. A súa posición xeográfica é 42° 05’ de latitude Norte e 8° 07’ de lonxitude Oeste, sendo a súa altitude 386 metros sobre o nivel do mar. Convén ter presente, a efectos de identificación, que o código xeográfico de Quintela de Leirado é o 32650; o do INE, o 32066; e a folla do mapa topográfico nacional na que aparece debuxado, é a que leva o número: 263.
Quintela de Leirado
O Concello está localizado a 32 km da cidade de Ourense. Está adscrito á diocese de Ourense e ao partido xudicial de Celanova.

O Concello de Quintela de Leirado, cuxa capital é Leirado, encontrase nunha zona montañosa, de accidentada topografía, configurada pola Serra da Silva Escura, a Serra do Penagache e o val do río Deva. Este val está rodeado por varias montañas: Leboreiro (1.260 mts.), Penagache (1.224 mts.), Coto da Moura (941 mts.) e outras, como a Serra do Aguillón e a Serra do Castelo.

O seu principal río é o Deva, afluente do Miño, e outros pequenos cursos de auga, entre os que destaca o Salto do Gato e os ríos Pequeno e o Grande. As elevacións máis importantes son Leboreiro, 1.260 metros; Penagache, 1.224 metros, Serra do Costelo, 1.030; A Basteira, 1.008; Coto da Moura, 941; Marcos das Cruces, 939; Coutiño do Marco, 829; e, Costa Velle, 806.

O Concello de Quintela de Leirado conta con unha superficie de 31,3 km2, nos que se reparten 30 entidades de poboación, distribuídas en 5 parroquias, e 716 habitantes aproximadamente.

Historia

O término municipal no antigo réxime
No antigo réxime o concello de Quintela de Leirado tiña as súas parroquias na xurisdición de Milmanda e na de Forxán, provincia de Ourense as dúas, coa seguinte distribución e dependencias.
Xurisdicións Parroquias Señorío
Forxán Leirado (S. Pedro) S.E. e X.O. polo mosteiro de Celanova: Orde de San Bieito
Milmanda Leirado (Sta. María) S.S e X.O. plo Marqués de Malpica
Id. Riomuiños Id.
Non están no Floridablanca, pois nacen no ano 1983, as parroquias de Quintela de Leirado e Xacebáns.

Os primeiros concellos constitucionais

Nesta etapa do primeiro tercio do século XIX, o agora concello de Quintela de Leirado, e no seu término, houbo un concello constitucional chamado Riomuíños, pertencendo ao partido xudicial de Celanova, e que figura nos repartimentos que a deputación de Galicia, entón única, fai para distribuirlle entre os concellos, a quinta ou as contribucións.

O concello de Riomuiños, aparece no repartimento de quintas que fai a dita deputación de Galicia o 7 de xullo de 1821 coa obriga de entregar 2 homes e cuarto. No repartimento da contribución territorial do 13 de setembro de 1821, coa cuota de 15.408 rs. 23 ms; e no da contribución de consumos que fai a mesma deputación de Galicia o 2 de outubro de 1821, coa de 11.030 rs. 17ms.

Este concello segue pertencendo ao partido de Celanova cando a comenzos do 1822 se fai a división de Galicia en catro provincias, senón que aparece, se ben co nome de Leirado ou Riomuiños, no repartimento que a provincia e a deputación de Ourense fan sobre o consumo para o ano 1822-23, o día 28 de outubro de 1822, no que figura coa cuota de 9.000 rs. 4 ms.

A división municipal do R.D. de 23 de xullo de 1835

Na provincia de Ourense foi o Gobernador Civil o que iniciou os expedientes para darlle efectividade ao R.D. do 23 de xullo de 1835, facendo un por cada partido xudicial, e que lle entregou á deputación provincial, unha vez instalada, na sesión da mesma do 26 de outubro de 1835, para o seu informe.

A deputación provincial determinou que os expedientes pasasen a unha comisión composta polo deputado do partido xudicial, neste caso o de Celanova, ao tratarse de Quintela de Leirado e dous máis, e que fixo na sesión, dous días despois do 28 de outubro de 1835. A comisión designada non se demorou moito en presentar o seu informe, pois o mesmo foi visto na sesión do 2 de novembro de 1835, e na mesma aprobado polos deputados que acordaron facer nel as correccións dispostas pola comisión e logo devolverllo ao Gobernador Civil. A pesares da moita rapidez con que foi feita a tramitación, a lista dos novos concellos tardou aínda en publicarse cando xa estaban instalados e se recibira a aprobación da S.M. pois a do partido xudicial de Celanova non tivo lugar ata o BOPOR número 54 do 8 de xullo de 1836, e nela aparece o concello de Quintela de Leirado, da forma literal seguinte:
Capitais dos concellos Parroquias de que se compoñen Xurisdición a que pertencían Estafeta
Quintela Leirado Santa María
Leirado S. Pedro
Riomolinos San Salvador
Milmanda
Milmanda e Forxán
Milmanda
Pontedeva
As variacións que se produxeron despois

O concello de Quintela de Leirado, ten en relación coa lista do 1836, as seguintes variacións: A parroquia de San Pablo, é nova, e foi segregada da parroquia do término, San Pedro de Leirado, nacendo como parroquia no arreglo parroquial de 1893, pois antes pertencía como dixemos a San Pedro de Leirado. Tamén nova a parroquia de Santiago de Xacebáns, ou Xacebais, que foi segregada da parroquia de San Pedro de Leirado, cos seus lugares de Xacebas e Retortoiro, sendo anexo de San Pedro de Leirado e promovida a parroquia no arreglo do 1893.

Ademais convén ter presente a relación co 1836, que é a que alí figura como Santa María de Leirado ou Mociños, é a mesma que agora se chama: Santa María de Mociños.

O inspector do SNIACL na acta do 17 de febreiro de 1973 aconsella a fusión co concello de Padrenda, pero o de Quintela de Leirado, non a desexa. Outra opción aínda máis difícil sería a de incorporación aos núcleos de Carracedo e Barqueras, dos municipios de Celanova e Verea, respectivamente. En calquer caso deberá irse á agrupación con Padrenda, para sostemento do secretario.

Territorio e poboación

O término municipal de Quintela de Leirado, ten unha superficie de 29,3 Km2, moi inferior a media dos concellos de Galicia de 93,97, e dos da súa provincia de Ourense que é de 77, 3 Km2.

Na Madoz, o concello de Quintela de Leirado, tiña 2.020 habitantes, sendo a súa evolución poboacional a seguinte:
Anos Poboación de feito Anos Poboación de feito
1845 2.227 1930 2.242.
1860 2.314 1940 2.182
1877 2.371 1950 1.987
1887 2.371 1960 1.743
1900 2.351 1970 1.685
1910 2.307 1981 1.457
1920 2.334 1986 1.191
A porcentaxe da poboación do 1986, con relación co do 1900, e dun 50,7%, polo que ten unha perda total do 49,3%, en 86 anos.

A densidade de poboación do concello de Quintela de Leirado, é de 40,6 habitantes por Km2, inferior á media dos concellos de Galicia de 95,16, e dos da súa provincia de Ourense de 54,9 habitantes por Km2.

O asentamento da poboación, segundo o Nomenclator do 1981, é o seguinte:
Habitantes Porcentaxe
Poboación en núcleo 882 61
Poboación en diseminado 575 39
Total 1.457 100
No censo do 1991, segundo o INE, figura cunha poboación de dereito de 1.047 habitantes e unha de feito de 1.044.

Entidades e parroquias

O término municipal de Quintela de Leirado, segundo o Nomenclator do 1981, ten un total de 30 entidades singulares de poboación, agrupadas en 5 parroquias, e clasificadas como: Lugares, 17; Aldeas, 11; Casales, 2.

As entidades de maior poboación de feito, son, a capital municipal, Quintela de Leirado, lugar, con 304 habitantes, e a seguir, as de: Xacebans, con 162; Mociños, lugar con 124; Fraguas, lugar con 73; e Forxán, lugar con 63 habitantes.

As entidades de menor poboación de feito, son, con 5 habitantes: Costa, casal; con 8 habitantes: Pousa, aldea: con 9 habitante: Auga Levada, casal; e, con 12 habitantes: Reguengo, aldea.

A media de habitantes por entidade singular, con datos do 1981, é de 48,56. A media de habitantes por parroquia de 291,40; e a media de entidades singulares por parroquia é de 6.

A continuación damos un resume das parroquias do concello de Quintela de Leirado, e das súas principais características.
PARROQUIAS Nº de Entidades Extensión Km2 Poboación en 1986
Habitantes Densidade
LEIRADO (S. Pedro) 13 6,9 353 51,2
MOCIÑOS (Sta. Marta) 3 8,2 137 16,7
QUINTELA DE LEIRADO (S. Pablo) 1 1,9 273 143,7
RIOMUIÑOS (S. Salvador) 11 6,7 274 40,9
XACEBAS (S.Pedro) 2 5,6 154 27,5
QUINTELA DE LEIRADO 30 29,3 1.191 40,6
O ensino
  • No Madoz. O concello de Quintela de Leirado, non figura con ningunha escola, cousa que se explica si decimos que o partido de Celanova ao que pertencía só tiña sete escolas elementais públicas.
  • No carreras. O término municipal de Quintela de Leirado, figura na Xeografía, cun total de oito escolas públicas nacionais, das cales catro eran unitarias e outras catro, mixtas.
  • Na actualidade. No distrito educativo de Celanova, o concello de Quintela de Leirado, no ten na actualidade ningún centro de ensino, polo que os alumnos teñen que trasladarse ós concellos veciños.
Outros indicadores estruturais

A) Aproveitamento da terra. Porcentaxes. 1986.
  • Terra de cultivo 9,4
  • Prados e pasteiros 14,5
  • Terreo forestal 69,3
  • Outras terras 6,8
B) Gandería. Censo Xeral Gandeiro. 1986.
  • Nº de reses:
  • 3.142 Porcino
  • 369 Ovino
  • 369 bovino, e delas 311 vacas de muxido
C) Actividade industrial e comercial. 1985.
  • Establecementos industriais e de construción: 3
  • Número de traballadores destes establecementos: 4
  • Licencias comerciais para produtos alimenticios, materiais primas agrarias, bebidas e tabacos: 7
  • Establecementos comerciais non clasificados: 4
  • Total de licencias comerciais: 13
  • Número de teléfonos: 47
D) Distribución en porcentaxes da poboación ocupada. Censo 1981.
  • Agricultura e pesca 81
  • Industria 6,8
  • construción 6,8
  • Servizos 5,3
E) Paro rexistrado: 1985-1989.
  • 1985 - 48
  • 1986 - 50
  • 1987 - 57
  • 1988 - 53
  • 1989 - 55
F) Renda
  • Renda familiar municipal dispoñible en millóns de pesetas correntes
  • Renda familiar dispoñible por habitante, en pesetas correntes
  • 3) Porcentaxe que representa a renta familiar por habitante, sobre a media de Galicia
G) Vivendas. Evolución
  • 1900 - 589
  • 1930 - 642
  • 1960 - 498
  • 1981 - 544
  • 1986 - 619
Adscricións

O agora término municipal de Quintela de Leirado, nos tempos do antigo réxime, pertencía á provincia de Ourense, unha das sete clásicas do Reino. Promulgada a Constitución do ano 1812, pasa a integrarse na provincia única de Galicia, e unha vez dividida esta en catro provincias polo D. de Cortes do 27 de xaneiro de 1822, e logo, polo R.D. do 30 de novembro de 1833, nas dúas veces, Quintela de Leirado, forma parte da nova provincia de Ourense, onde segue.

Ao publicarse a división en partidos xudiciais pola deputación única o 3 de marzo de 1820, Quintela de Leirado, e o seu término, figuran no partido xudicial de Celanova. Tamén cando se fai unha división xudicial o 21 de abril de 1834, que modifica a anterior, segue figurando no mesmo partido xudicial de Celanova, ata o D.3388/1965, do 11 de novembro, que suprime o partido de Celanova, pasando Quintela de Leirado a depender do partido xudicial de Celanova, e Quintela de Leirado, volve a depender de él.

No tempo en que rexeron os xulgados comarcais da Orde do 24 de marzo de 1945, o xulgado de paz de Quintela de Leirado dependeu do xulgado comarcal de Cortegada.

As súas parroquias dependen eclesiasticamente da diocese de Ourense, e do seguinte arciprestado:
  • Verea. Leirado, Mociños, Quintela de Leirado, Riomuiños, e Xacebas.
  • Tódalas parroquias anteditas son matrices.
Distancias

A capital municipal do concello de Quintela de Leirado, e o lugar de Quintela de Leirado, que dista da capital de Galicia, Santiago, 153 Km e da capital da súa provincia, Ourense, 43 Km segundo o Nomenclator, e 50 Km segundo pon “Rutas”, e da cabeceira do seu partido xudicial, Celanova, 16 Km.

Dentro do término municipal de Quintela de Leirado as entidades singulares de poboación, mais alonxadas da capital municipal, son á distancia de 3 Km, o lugar de Xecebas; e a 2,5 Km aldea de Retortoiro, as dúas e únicas da parroquia de Xacebas, Santiago, que é tamén en conxunto a mais alonxada da capital municipal.

A capital municipal

O Madoz di que a capital do concello de Quintela de Leirado, é San Pedro de Leirado. No Carreras que a capital está no lugar de Leirado. Nos nomenclatores ven ademais de Quintela de Leirado, no século pasado, Forxán, que é un lugar no 1981 de 65 habitantes da parroquia de Leirado, San Pedro. Quintela de Leirado, pertence a parroquia de Quintela de Leirado, San Pablo, que se segregou da parroquia de Leirado, San Pedro. A Evolución dos habitantes da capital, foi:
Anos Entidade capital Clasificación Habitantes
1860 Forxan Lugar -
1873 Id. Id. -
1900 Quintela de Leirado Id. 462
1910 Id. Id. 469
1920 Id. Id. 427
1930 Id. Id. 429
1940 Id. Id. 424
1950 Id. Id. 347
1960 Id. Id. 327
1970 Id. Id. 372
1981 Id. Id. 306
O Nome

Cando se crea o concello na lista de concellos do BOPOR do 8 de xullo de 1836, figura como Quintela, se ben deseguida se lle pon Leirado, e con este nome de Quintela de Leirado figura xa na relación do BOPOR do 16 de xuño de 1842, e o nome debe proceder do couto redondo de Quintela de Leirado, así chamado, se ben hai unha entidade singular de poboación chamada Quintela, que despois de separarse de Leirado, forma a nova entidade de Quintela de Leirado.

A casa do concello

No Madoz só di que a capital do concello é, San Pedro de Leirado. No Carreras, que a capital está no lugar de Leirado, parroquia de San Pedro de Leirado, da que se segregou a parroquia de San Pablo de Quintela de Leirado.

Na acta da visita que lle fixo o inspector do SNIACL do 17 de 1973, fai constar que a casa consistorial de Quintela de Leirado, foi obxecto dunha reforma, pero continúa sendo inadecuada para o servicio público que lle é propio. Conta cunha soa peza para oficinas municipais e xulgado. O seu emprazamento e accesos deixan moito que desexar. Non presenta signo algún ao exterior que denote a súa condición de casa- concello.

Títulos e tratamentos

O alcalde deste concello, conforme dispón o artigo 33 do ROF, (R.D. 2568/1986, do 28 de novembro), ten tratamento de Señoría.

E ningún outro título ou tratamento, que nos saibamos, lle foi concedido ou otorgado a este concello, no que, segundo o Nomenclator do 1981, non existe ningunha vila, nin cidade, e a súa capital está clasificada como Lugar.

Escudo e selo

O escudo actual que ten oficialmente recoñecido, é o que foi aprobado polo Decreto da Xunta de Galicia, 115/1992 do 30 de abril, publicado no DOGA, número 91 do 14 de maio de 1992, o cal na súa parte dispositiva di:

Artigo único. Aproba-lo escudo heráldico do concello de Quintela de Leirado (Ourense), que quedará organizado da seguinte maneira: "de azul, un monte de tres cumes de ouro, sumado dunha cruz patriarcal de doble travesa tamén de ouro, acompañada de dous leóns de prata enfrontados. O escudo tímbrase coa coroa real española".
Santiago de Compostela, trinta de abril de mil novecentos noventa e dous.


Escudo de Quintela de Leirado
Reproducimos a continuación o escudo heráldico que lle foi concedido o concello de Quintela de Leirado.

En cumprimento dunha R.O de Fomento, do 30 de agosto de 1876, o Gobernador Civil de Ourense, remitiulle ao Xefe do A.H.N o 21 de marzo de 1877, as contestacións recibidas dos alcaldes da súa provincia, sobre o selo que usaran ou viñan usando, e a súa historia, e entre elas a do alcalde de Quintela de Leirado do 31 de outubro de 1876, que lle remite nunha folla, e sobre a mesma di:

Non hai máis selo que éste construido en xullo do ano pasado, por haber levado o que había da oficina.

Sen embargo, no ano 1858, usaba este selo que o alcalde non manda.
Selo
Presupostos

O presuposto do concello de Quintela de Leirado non ven no Madoz. Na sesión da deputación de Ourense do 28 de decembro de 1836, acorda aprobarlle un presuposto para o ano 1836, de 1.166 reás e 24 maravedis. Na sesión da mesma deputación do 20 novembro de 1837, acorda aprobarlle un presuposto para o dito ano sen poñerlle cantidade; e logo, na sesión do 20 de xuño de 1838, acorda aprobarlle un presuposto para o ano 1838, de 1.556 reás. Tamén figura no Carreras cun presuposto municipal de 11.192 pesetas.

A evolución dos seus presupostos, neste cálculo, foi:
Anos Importe/Pesetas
1924-25 13.118
1986 751.188
1987 11.254.000
1988 11.170.000
1989 13.500.000
Oficinas Bancarias, no 1985 0
Oficinas de Caixas de Aforros 1
Patrimonios de propios

O municipio de Quintela de Leirado en oficio número 346 do 26 de novembro de 1991, contesta decindo que non ten inventario, e que por acordo do 27 de xullo de 1991, foille adxudicado a unha empresa a formación do mesmo.

Patrimonio veciñal

Os montes veciñais en man común do concello de Quintela de Leirado que foron recoñecidos e clasificados como tales montes, polo correspondente Xurado, son os seguintes:
Nome Titularidade Hectáreas Data clasif.
De Xacebáns e Retortoiro Veciños dos lugares de Xacebáns e Retortoiro (Xacebáns) 466 25/05/1977
De Cabanelas Id. De Cabanelas (Leirado) 3 25/05/1977
De Fondóns Id. De Fondóns (Leirado) 1 25/05/1977
De Fraguas e Mourisca Id. De Fraguas e Mourisca (Leirado 121 25/05/1977
Lomba O Facho Id. De Augalevada, Costa, Edras, Forxán, Lavandeira, e Leirado 10 25/05/1977
De Campo Real e Mociños Id. De Campo Real e Mociños (Mociños) 89 25/05/1977
De Quintela de Leirado Id. Da parroquia de Quintela de Leirado 15 25/05/1977
De Riomuiños Id. de Riomuiños 211 25/05/1977
De Ataínde Id. Do lugar de Atain (Leirado) 29 25/05/1977
Total: 945 hectáreas
Patrimonio Histórico-Artístico

Segundo a resolución do 14 de maio de 1991, pola que se ordena a publicación das normas complementarias e subsidiarias de planeamento das provincias da Coruña, Lugo, Ourense, é, Pontevedra, da Consellería de Ordenación do Territorio e Obras Públicas, que modifica as da Resolución do 10 de xaneiro de 1990, no Anexo 3, Inventario do Patrimonio Cultural, o referente a provincia de Ourense, figura no DOGA, número 134, do 15 de xullo de 1991, e del recollemos os datos do Inventario do Patrimonio Histórico Artístico, do
CONCELLO DE QUINTELA DE LEIRADO
Denominación Parroquia/Lugar
ARTE:
ARQUITECTURA RELIXIOSA
Igrexa de San Pedro Leirado
Capela da Virxe do Carme Quintela de Leirado
Igrexa de Santiago Xacebáns
Capela de Santa María Leirado
Igrexa de San Pablo Quintela de Leirado
Igrexa de Santa María Mociños
ARQUITECTURA CIVIL
CASAS E PAZOS
Pedra
Sábado, 20 de Abril

Cargando...

  • Museo da Emigración a Guinea Ecuatorial
  • Mancomunidade Terra de Celanova
  • Deputación Ourense
  • Xunta de Galicia
Twitter

Concello de Quintela

  • GDR Límia Arnoia
  • O Bosque Máxico
  • PLAN DE ACCIÓN PARA O CLIMA E A ENERXÍA SOSTIBLE
  • Acceso Móbil
  • Axencia Galega de Desenvolvemento
  • Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente
  • Xunta de Galicia
  • Galicia
  • Feader: Europa inviste no rural

© 2013 QUINTELA DE LEIRADO - Todos os dereitos reservados  |  Aviso legal - Política de privacidade  | Privado //  Deseño web Planos.org