Quintela de Leirado
Quintela de Leirado
Routeiro

Ruta O Miradoiro

RutasDATOS TÉCNICOS

RUTA: Lineal.
DISTANCIA: 11,5Km.
ALTITUDE ACUMULADA: 681m.
DIFICULTADE: Media, por zona de montaña.
Márcanse as coordenadas de inicio: 42.13001", -8.089752".

DESCRICIÓN: A ruta pódese realizar a pé, a cabalo, en bicicleta de montaña ou en todo terreo.

O sendeiro iniciase diante da casa consistorial, lugar onde está colocado o panel explicativo da ruta. Desde aquí colleremos a estrada dirección Xacebáns, o inicio é sobre asfalto que seguimos aproximadamente durante 2 Km. ata chegar ao cruce da estrada que vai desde Bande a Notaria, alí ao lado duns almacéns abandonados e medio derruidos, chamados Os Garaxes. Iniciamos o paseo por un estreito sendeiro rodeados de piñeiros, carballos, bidueiros e vexetación autóctona de gran beleza natural, que nos leva ata un pobo escondido chamado Retortoiro, o sendeiro pasa a un lado del pero podemos acceder a él fácilmente a través dun camiño nuns 20 minutos. Seguindo a ruta entre prados e terras de labranza semiabandoadas, imos baixando cara o río Deva, que presenta unhas boas piscinas naturais para bañarse, aínda que a auga está moi fría, pois as sombras das árbores das ribeiras impiden a chegada de raios solares.

Cruzase por unha robusta ponte de pedra e seguindo o curso do río Deva comeza unha ascensión continua con repeitos ocasionais, en trozos empedrado e noutras ocasións en terra, por norma xeral húmeda, que desemboca noutro empedrado e que chega ata Xacebáns, último pobo desta ruta, onde poderá visitarse un bar situado no antigo forno comunal do pobo ou saciar a sede ou refrescarse nas moitas fontes de auga cristalina que posúen.

Atravesamos Xacebáns ata chegar a un camiño forestal na cima do pobo, que iniciase unha subida continua por un camiño de terra e pedra solta e, a medida que se progresa cara arriba o paisaxe vaise agrandando. O punto culminante é ao chegar a Penagache, que se identifica perfectamente pola cruz que hai encima dunha inmensa mole granítica. O sendeiro acaba no alto de Penagache a 1.226 metros de altitude. Desde aquí a paisaxe que se pode contemplar é magnífica, poderase ver parte dos vales do Miño, Arnoia, Deva, e xa moi ao lonxe a Limia, a serra de San Mamede, Alto do Rodicio, as serras de Larouco...

Do outro lado de Penagache escoitase auga caíndo que solo ser verá en inverno cando o volumen desta aumenta, é unha fervenza no regato denominada o salto do gato. As lendas din que debaixo de Penagache e con entrada por cerca deste regato hai unha cova da época dos mouros.

Deixando Penagache por unha pista que agora ten momentos de descanso alternando con costas non tan pronunciadas como as anteriores, chegase ao camiño da fronteira enfrente mismo do marco nº21.

Tomando a variante esquerda, antes de chegar ao nº22 en territorio portugués, poderase visitar unha mámoa escavada e bastante maltreita. Case frente ao nº23 á esquerda pódese apreciar a impoñente estampa da Mota Grande.

Seguindo ata o nº27 estará o sendeiro que chega a Celanova e se se achega ata o nº29 1ª é o que leva a Bande.
Ruta O Miradoiro
DESCARGAS
Sábado, 07 de Decembroe

Cargando...

  • Museo da Emigración a Guinea Ecuatorial
  • Mancomunidade Terra de Celanova
  • Deputación Ourense
  • Xunta de Galicia
Twitter

Concello de Quintela

  • GDR Límia Arnoia
  • PLAN DE ACCIÓN PARA O CLIMA E A ENERXÍA SOSTIBLE
  • Acceso Móbil
  • Axencia Galega de Desenvolvemento
  • Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente
  • Xunta de Galicia
  • Galicia
  • Feader: Europa inviste no rural

© 2013 QUINTELA DE LEIRADO - Todos os dereitos reservados  |  Aviso legal - Política de privacidade  | Privado //  Deseño web Planos.org