Quintela de Leirado
Quintela de Leirado

SERVIZO DE TRANSPORTE MUNICIPAL DO CONCELLO DE QUINTELA DE LEIRADO

O Concello de Quintela de Leirado ven prestando dende o ano 1999 un servizo de transporte municipal gratuíto para todos os veciños e veciñas do Concello.

Este servizo fai un percorrido fixo todos os días laborais, que une as cinco parroquias existentes no Concello coa capitalidade municipal, Leirado, onde se atopan os servizos máis imprescindibles para a poboación, como son o Centro de Saúde, o Concello, a farmacia, tendas e supermercados, e varias sucursais bancarias.

Este é un dos servizos máis valorados polos nosos veciños, xa que permite que a poboación non precise de vehículo propio para poder desenrolar as actividades máis usuais e básicas no rural.

É un servizo que poucos concellos da nosa provincia teñen e o concello de Quintela de Leirado nunca renunciará a telo, xa que permite un desenrolo completo e autónomo da vida dos nosos veciños.

Os horarios e percorridos son os seguintes, facendo varias paradas ao longo de cada un deles:

IDA:
  • Mociños / Chedas / Camporreal – Leirado: 09:45 horas.
  • Xacebáns – Leirado: 10:00 horas.
  • Mourisca – Leirado: 10:10 horas.
  • Fraguas – Leirado: 10:15 horas.
  • Redemuíños – Leirado: 10:25 horas.
  • Quintela – Leirado: 10:45 horas.


VOLTA:
  • Leirado – Fraguas / Mourisca / Mociños / Chedas / Camporreal / Xacebáns: 11:30 horas.
  • Leirado – Redemuíños: 12:00 horas.
  • Leirado - Quintela: 12:15 horas
Martes, 16 de Abril

Cargando...

  • Museo da Emigración a Guinea Ecuatorial
  • Mancomunidade Terra de Celanova
  • Deputación Ourense
  • Xunta de Galicia
Twitter

Concello de Quintela

  • GDR Límia Arnoia
  • O Bosque Máxico
  • PLAN DE ACCIÓN PARA O CLIMA E A ENERXÍA SOSTIBLE
  • Acceso Móbil
  • Axencia Galega de Desenvolvemento
  • Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente
  • Xunta de Galicia
  • Galicia
  • Feader: Europa inviste no rural

© 2013 QUINTELA DE LEIRADO - Todos os dereitos reservados  |  Aviso legal - Política de privacidade  | Privado //  Deseño web Planos.org