Quintela de Leirado
Quintela de Leirado

Valor paisaxístico

O concello de Quintela de Leirado é parte do Parque Transfronteirizo. Para os amantes da natureza e a práctica de actividade ao aire libre, o sector suroccidental da comarca ofrece un marco incomparable formado polas Serras do Aguillón e do Leboreiro, esta última formando parte da REDE NATURA 2000 (LIC Baixa Limia), onde se pode practicar sendeirismo, cicloturismo por varias rutas diseñadas por a serra que, partindo de lugares como Leirado ou Bangueses, chegan ás mámoas de Mota Grande e a fronteira con Portugal. Desde este marco natural pódense divisar excelentes vistas panorámicas da comarca e do país veciño, e tamén disfrutar da flora e fauna autóctonas dun espazo natural protexido.

¿Qué é Un Lugar de Importancia Comunitaria (LIC)?
Son todos aqueles ecosistemas protexidos co obxecto de contribuír a garantir a biodiversidade mediante a conservación dos hábitats naturais e da fauna e flora silvestres no territorio. Estes lugares intégranse na rede europea: Rede Natura 2000.
Rede Natura
SITUACIÓN: No sudeste da provincia de Ourense, limítrofe con Portugal, concello de Entrimo, Lobios e Muíños. O LIC "Baixa Limia" amplíase polos concellos de Bande, Calvos de Randín, Lobeira, Padrenda, Quintela de Leirado e Verea.

EXTENSIÓN: O Parque Natural, 20.920 hectáreas; o LIC alcanza as 33.920 hectáreas.

ACCESOS: Desde Ourense, dirección Celanova e Portugal, a través da autovía AG-31. Desde Xinzo de Limia pola OU-301 ata Bande. Desvíos para Entrimo, Lobios, eo paso fronteirizo de Portela do Home.

Desde Portugal, pasos por A Magdalena e Portela do Home.

SERVIZOS: Aloxamentos: Si. Comer: Si.

M.A.N.: Sede do Parque Natural. Estrada de Portugal, s/n. Lobios.

Telf.988 448 048 – Fax. 988 448 181

Por aquí pasaron as lexións romanas á conquista da tribu dos callaici, ou sexa, dos galaicos. Non existía entonces fronteira algunha e aínda tardaría en habela.

Un mesmo río con dúas variantes. Limia para os galegos que o ven nacer nas fontes de Antela e Lima para os portugueses que o ven morrer en Viana do Castelo. Toda a zona está dominada polos cursos fluviais. Numerosos afluentes acompañan ao Limia que acolle dous grandes encoros: o das Conchas e o de Lindoso. Este último con presa en territorio portugués e auga galega.

Sen embargo, esta é unha raia seca pois non son os ríos senón os montes os que, según nos imos achegando, delimitan o horizonte co seu perfil de serra. Son inconfundibles cos seus característicos picos como castelos. Por altitude conservan os circos glaciares máis baixos da Península Ibérica. De norte a sur, a Serra do Leboreiro e a de Queguas: os montes de O Quinxo, o alto de Santa Eufemia, xa veciño da Serra do xurés que se ergue no punto máis alto de todas estas serranías no pico de A Nevosa (1.539m); máis ao oeste a Serra do Pisco e aínda máis lonxe a Serra da Pena e as terras do Couto Mixto que en tempos non pertencían nin a España nin a Portugal.

Os escarpados roquedais asistiron á caza do último oso destas latitudes e hoxe son testigo do regreso da cabra do Xurés a través dun plan de reintroducción en liberdade da cabra montés.
Paisaxe
Para preservar toda a diversidade púxose en marcha unha das primeiras experiencias comunitarias de colaboración transfronteiriza. Por rango, o Parque Nacional da Peneda-Géres (Portugal) xunto con Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés forman unha soa xoia natural desta vella e nova Gallaecia. A parte lusa conserva zonas moi frondosas con árbores de gran porte que antigamente eran utilizadas para navegar como travesas, cadernas e mástiles de fama nos sete mares.

FLORA: Amplios matorrais con algún endemismo como o Iris boissieri. Carballeiras e elementos mediterráneos de sobreira (Quercus suber) e érbedos (Arbutus unedo).

FAUNA: Manadas de lobo (Canis lupus) e as grandes presas: Corzo (Capreolus capreolus) e Cabra montesa en un programa de reintroducción. Nas chairas elevadas e en semilibertade, o cabalo chamado Pony galego ou Garrano (Equus cavallus). Esporádicamente, aguia real (Aquila chysaetos). Víbora: Vípera latasti.
Sábado, 02 de Noviembre

Cargando...

  • Museo da Emigración a Guinea Ecuatorial
  • Mancomunidade Terra de Celanova
  • Deputación Ourense
  • Xunta de Galicia
Twitter

Concello de Quintela

  • GDR Límia Arnoia
  • PLAN DE ACCIÓN PARA O CLIMA E A ENERXÍA SOSTIBLE
  • Acceso Móbil
  • Axencia Galega de Desenvolvemento
  • Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente
  • Xunta de Galicia
  • Galicia
  • Feader: Europa inviste no rural

© 2013 QUINTELA DE LEIRADO - Todos os dereitos reservados  |  Aviso legal - Política de privacidade  | Privado //  Deseño web Planos.org