Dende o CIM da Mancomunidade terra de Celanova queremos denunciar e levantar a nosa voz contra a violencia de xénero.
A violencia contra as mulleres é unha das máis degradantes violacións dos Dereitos Humanos e sigue progresando no ámbito global. Non respeta fronteiras, culturas, niveis económicos nin idade.
A violencia de xénero é a esixencia constante de que debemos aportar solucións aos problemas que a xeneran e que se concretan na supervivencia do machismo.
Non é una cuestión de parella, traspasa o ámbito da familia, tratase de una lacra social que nos afecta a todos e a todas. Ante esta cruda realidade , queremos avivar a conciencia de cantas persoas son testemuñas e coñecen situacións de violencia de vítimas cercanas ,( familiares, veciños, amizades ), para que compartan a responsabilidade da denuncia. Non podemos deixar as mulleres soas, para que sexan as únicas responsables da súa propia protección e a dos seus fillos e fillas.
Dende a Mancomunidade Terra de Celanova traballamos para PREVIR A VIOLENCIA e fomentar os valores de respeto, igualdade, liberdade, e confianza e aproveitamos para transmitir unha mensaxe:
“ Ámote, dixo o Principiño, . Eu tamén te quero, dixo a rosa. – Non é o mesmo, respondeu él
Querer é tomar posesión de algo, de alguén, e buscar nos demais eso que enche as expectativas persoais, .
Querer é facer noso o que non nos pertence, é adueñarnos, desexar algo para completarnos porque en algún momento nos atopamos carentes…
Amar é desexar o mellor para a outra persoa aínda cando teña motivacións moi distintas,
Amar é permitir que sexa s feliz ainda cando o teu camiño sexa diferente ao meu. Por esto o amor nunca será causa de sufrimento “
( Extraído da obra O Principiño de Saint Exupery)
© 2013 QUINTELA DE LEIRADO - Todos os dereitos reservados | Aviso legal - Política de privacidad | Privado // Deseño web Planos.org