Quintela de Leirado
Quintela de Leirado

NOVA ORDENANZA REGULADORA DO SERVIZO DE AUGA MUNICIPAL

02/12/2013
NOVA ORDENANZA REGULADORA DO SERVIZO DE AUGA MUNICIPAL

 

CONCELLO DE

32814 QUINTELA DE LEIRADO

(OURENSE)

    

 

 

 

                       

 

            ORDENANZA FISCAL Nº12                           

 

ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POLA SUBMINISTRACIÓN DE AUGA.

Artigo 1º. Fundamento e natureza.

De conformidade co disposto nos artigos 15 a 19 en relación cos artigos 20 e seguintes do Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, este Concello establece a Taxa pola subministración de auga, que se rexerá pola presente Ordenanza Fiscal.

 

Artigo 2º. Feito impoñible.

Constitúe o feito impoñible desta taxa a prestación do servizo de distribución e subministración de auga.

 

Artigo 3º. Beneficios fiscais.

Non poderán recoñecerse outros beneficios fiscais que os expresamente previstos nas normas con rango de lei ou os derivados da aplicación de tratados internacionais.

 

Artigo 4º. Suxeitos pasivos.

1. Son suxeitos pasivos contribuíntes as persoas físicas ou xurídicas e as entidades a que se refire o artigo 35.4 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, Xeral Tributaria, que soliciten ou resulten beneficiadas ou afectadas pola prestación do servizo de subministración de auga.

2. Nos servizos ou actividades que beneficien ou afecten aos ocupantes de vivendas ou locais, terán a consideración de suxeitos pasivos substitutos do contribuínte os propietarios destes, os cales poderán

repercutir, se é o caso, as cotas satisfeitas sobre os respectivos beneficiarios.

 

Artigo 5º. Responsables.

1. Responderán solidariamente da débeda tributaria as persoas ou entidades a que se refire o artigo 42 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, Xeral Tributaria.

2. Serán responsables subsidiarios da débeda tributaria as persoas ou entidades a que se refire o artigo 43 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, Xeral Tributaria.

 

 

CONCELLO DE

32814 QUINTELA DE LEIRADO

(OURENSE)

    

 

 

 

                       

Artigo 6º. Base impoñible e cota tributaria.

1. Abase impoñible da taxa determinarase en función do volume de auga consumida medida en metros cúbicos en cada período impositivo, que se obterá mediante a diferenza da lectura dos consumos rexistrados nos respectivos contadores de medida durante dous períodos impositivos consecutivos.

Se non fose posible coñecer o consumo real por avaría do contador ou por imposibilidade da súa lectura por causas non imputables á Administración, se estimará este conforme ás seguintes regras:

 

a) Como regra xeral considerarase un consumo igual ao producido no mesmo período do exercicio anterior.

 

b) Se o consumo anterior non fose significativo ou non existisen datos do devandito período, estimarase un consumo equivalente á media aritmética dos últimos consumos coñecidos ou, se  isto non fose posible, aplicarase a media dos consumos que, para a clase de uso correspondente, se realice no termo municipal no mesmo período do exercicio anterior.

 

Os consumos estimados  considéranse firmes en caso de avaría no contador. Nos restantes supostos regularizarase a situación na liquidación ou liquidacións seguintes unha vez obtida unha nova lectura real.

2. Acontía da taxa determinarase aplicando á base impoñible determinada conforme o apartado anterior, as tarifas a que se refire o apartado 3 de artigo, en función do uso asignado á subministración e do volume de auga consumido.

 3. As tarifas aplicables por metro cúbico consumido e mes, serán as seguintes:

Epígrafe / Descrición /Tarifa

1. Usos domésticos

1.1. Consumo mínimo ata 10 metros cúbicos / mes …...….0.5 €/m3

1.2. De 11 a 20 metros cúbicos / mes …………………..........1,00 €/m3

1.3. De 20  30 metros cúbicos / mes …………...........….……1.50 €/m3

1.4. De máis de 30 metros cúbicos / mes……………..…..…...5,00 €/m3

 

Artigo 7º. Período impositivo e remuneración.

1. Ataxa devengarase e nace a obriga de contribuír o primeiro día do período impositivo.

2. O período impositivo liquidarase da seguinte:

* DE xaneiro a abril

* de Maio a Xuño

 

CONCELLO DE

32814 QUINTELA DE LEIRADO

(OURENSE)

    

 

 

 

                       

 

* de xullo a agosto.

* de setembro a decembro.

 a) Nos supostos de inicio, dende o día en que teña lugar ata o último día do período impositivo.

b) Nos supostos de cesamento, dende o primeiro día do período impositivo ata día en que se produza aquel.

 

Cando o período impositivo sexa inferior ao bimestre natural, o seu importe ratearase por días naturais.

 

Artigo 8º. Normas de xestión.

1. Ataxa xestionarase a través de padróns ou matrículas de carácter bimestral. Os padróns ou matrículas exporanse ao público polo prazo dun mes, durante os cales os interesados poderá examinalos e, no seu caso, presentar as reclamacións ou alegacións que consideren oportunas. A devandita exposición ao público comunicarase mediante a inserción de anuncios no Taboleiro de edictos do Concello e no Boletín Oficial da Provincia e producirá efectos de notificación colectiva ao amparo do disposto no artigo 102 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, Xeral Tributaria.

 

2. Para os efectos da inclusión nos padróns ou matrículas das altas, baixas ou variacións, os obrigados tributarios deberán presentar unha declaración na que manifesten a realización do feito impoñible ou das modificacións que motivan as variacións ou baixas, comunicando os datos necesarios para que a Administración Municipal cuantifique a débeda tributaria mediante a oportuna liquidación. Á devandita declaración deberá acompañarse, en todo caso, a documentación acreditativa da propiedade do inmoble ou da súa transmisión e aquela outra que resulte necesaria para a determinación das cotas tributarias.A devandita declaración haberá de presentarse no prazo dun mes dende que se produza a circunstancias determinantes da modificación.

 

3. As operacións materiais de xestión, liquidación e recadación en período voluntario da taxa levaranse a cabo pola entidade concesionaria do servizo municipal de auga e saneamento, conforme ao prego de

condicións que rexe a mesma.

 

4. Arecadación das débedas tributarias por este concepto poderá realizarse en recibo conxunto coas taxas por prestación de servizos municipais de verteduras de augas residuais e por prestación do servizo de rede de sumidoiros e por recollida de lixos.

 

 

 

Artigo 9º. Infraccións e sancións.

En todo o relativo á cualificación das infraccións tributarias, así como á determinación das sancións que por estas correspondan en cada caso, se aplicará o réxime establecido en Lei 58/2003, do 17 de decembro, Xeral Tributaria e nas disposicións que a complementen ou desenvolvan

 

No suposto de impagamento  ou infraccións tributarias poderase proceder ao corte do subministro sempre e cando se lle notifique debidamente seguindo o procedemento fixado na Lei 58/2003.

 

DISPOSICIÓN FINAL

 

Primeira. O texto da ordenanza transcrita, é o da súa redacción vixente, integrada coas modificacións aprobadas provisionalmente polo Concello Pleno mediante acordo plenario de  25 de setembro de 2012  e entrara en vigor no día seguinte a súa publicación no BOP da provincia de Ourense e será de aplicación a partir do 1 de xaneiro de 2013

Sábado, 04 de Maio

Cargando...

  • Museo da Emigración a Guinea Ecuatorial
  • Mancomunidade Terra de Celanova
  • Deputación Ourense
  • Xunta de Galicia
Twitter

Concello de Quintela

  • GDR Límia Arnoia
  • O Bosque Máxico
  • PLAN DE ACCIÓN PARA O CLIMA E A ENERXÍA SOSTIBLE
  • Acceso Móbil
  • Axencia Galega de Desenvolvemento
  • Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente
  • Xunta de Galicia
  • Galicia
  • Feader: Europa inviste no rural

© 2013 QUINTELA DE LEIRADO - Todos os dereitos reservados  |  Aviso legal - Política de privacidade  | Privado //  Deseño web Planos.org