Os pratos tradicionais e típicos da zona son, ó igual que en outras moitas zonas galegas, o cocido, o lacón con grelos, a empanada, o caldo galego, etc..., e en canto a repostería, o roscón, a bica, o brazo de xitano, etc..., que os habitantes de Quintela de Leirado, elaboran artesanalmente nos distintos fornos veciñais que se conservan en cada parroquia.
Tamén cabe destacar a carne da vaca de raza cachena, típica desta zona.